luns, 28 de marzo de 2022

VOLUNTARIADO DE LECTURA

 Hoxe deu comezo o Voluntariado de lectura, e non nos puido gustar máis compartir lecturas! 

Durante o mes de abril, mes do libro, @ alumnado voluntario da biblio fará lecturas variadas para o público de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria dentro do cole e para @s peques do PAI (punto de atención á infancia) por videoconferencia.

xoves, 24 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE XESTIÓN TÉCNICA DA RADIO e PROGRAMAS PDI OUTES SOSTIBLE

 Charla-obradoiro de radio con Denis de @redeespora coa finalidade de fomentar a autonomía do alumnado na xestión técnica da radio e polo tanto no seu uso.

Uns obradoiros nos que o alumnado de 4º e 5º puideron achegarse ás posibilidades da radio e a distintas cuestións técnicas, e nos que o alumnado de 5º tivo a oportunidade de facer a proba práctica a cambio de comprometerse para ser os guías no proceso de iniciación á xestión técnica do alumnado de 4ºEP. 

Uns obradoiros para os que o alumnado debía levar un guión sobre o que facer a práctica e para o que aproveitaron para dar forma a parte da investigación que están a facer no marco do PDI.

Deixámosvos os programas xa que son de gran interese!

Grazas Denís, pola atención, os recursos e o bo facer.

mércores, 23 de marzo de 2022

CIENCIA NO TECNOLAB

 O alumnado de 4°A visitou o Tecnolab despois de investigar sobre as propiedades conductoras de distintos materiais. Unha vez detectados que materiais podían conducir a electricidad, construíron un circuíto eléctrico empregando limóns, moedas de cobre, tornillos de cinc e cables de cocodrilo.

O de 4ºB pola súa banda andiveron vivenciando as mesturas homoxéneas e heteroxéneas e o proceso de filtración.

martes, 22 de marzo de 2022

PAREDES

 Xa temos parede divisoria entre os estudos de televisión e de radio!!🔥 

Historias de cando unha parede nos enche de ilusión 🌟

luns, 21 de marzo de 2022

luns, 14 de marzo de 2022

INVESTIGACIÓNS NO MARCO DO PDI

Dentro do PDI Outes Sostible o alumnado de 4ºEP acompañou a Álex a cambiar o filtro de auga que entra para a cociña do cole. 

Moi impresionad@s con como estaba o filtro e coa frecuencia coa que é preciso cambialo, seguro que levaron boas notas para seguir avanzando na súa súa liña de traballo. 

ODS 6. Auga limpa e saneamento

venres, 11 de marzo de 2022

A NOSA BIBLIO FINALISTA DO SELO CCB

 A nosa biblio finalista do Sello CCB Bibliotecas Escolares Primaria. Outro recoñecemento a nivel estatal que recibimos con gran alegría. 

O selo é outorgado polo Consejo de Cooperación Bibliotecaria dependente do Ministerio de Cultura.

Parabéns á biblio gañadora! CEIP Milladoiro de Malpica 💜

xoves, 10 de marzo de 2022

8M - XINCANA DA CORRESPONSABILIDADE

Durante toda a semana pasada do 8M celebramos a Xincana da Corresponsabilidade.
Esta proposta xurde despois da tarefa de investigación e análise do alumnado de infantil con respecto a quen realiza as tarefas da casa. 

Ao ver que maioritariamente estas tarefas nas nosas casas eran realizadas por mulleres decidiron promover unha iniciativa na que se demostrara que todas as persoas podemos facer estas tarefas.

A proposta foi esta Xincana para todo o alumnado de infantil e primaria do centro para a que:

📌Deseñaron as tarefas
📌Realizaron inventario de material necesario
📌Testearon o recorrido para determinar tempos
📌Fixaron as normas de participación
📌Adaptaron para Primaria as propostas
📌Informaron a todas as compañeiras da iniciativa.

Durante a próxima semana revisaremos os rexistros para ver que persoas conseguiron a pulseira da Corresponsabilidade que estaba en xogo 😅

Dinámica enmarcada dentro da PDI Outes Sostible. ODS 5. Igualdade de xénero, 10. Reducción das desigualdades e 17. Alianzas para lograr os obxectivos

mércores, 9 de marzo de 2022

RECOÑECEMENTO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO POLO PREMIO BUENAS PRÁCTICAS EN CENTROS DOCENTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Asistimos onte na Delegación do Goberno ao acto de homenaxe como un dos tres centros galegos gañadores do Concurso Nacional de Boas Prácticas otorgado polo Ministerio de Educación. Este recoñecemento premia o proxecto realizado no noso centro no curso 20/21 “Mens sana in corpore sano”.

Deixámosvos tamén a sinatura no Libro da Cidadanía.

martes, 8 de marzo de 2022

8M - "PALABRAS POLA IGUALDADE" e visita das integrantes da asociación da Portela Vella

“Palabras pola igualdade”, o noso tendal reivindicativo, é unha instalación na que o alumnado reclama unha sociedade mais xusta para as mulleres, unha igualdade de dereitos que parace urxente abordar.Por outra banda, as mulleres da asociación “A Portela Vella” viñeron hoxe falarnos da tarefa de recuperación dos Sancosmeiros que están levando a cabo desde hai uns anos, mantendo vivas as nosas tradicións.

Explicáronnos sobre a súa elaboración, tradición, materiais que se empregan… e resolveron todas cantas preguntas lles fixemos.

Moitísimas grazas pola vosa tarefa e por achegarnos tanta información.

luns, 7 de marzo de 2022

O CLUB DE LECTURA ENTREVISTA A ANTÓN RIVERO COELLO

O venres tivemos a grandísima sorte de recibir a Antón Riveiro Coello, escritor galego galardonado e persoa xenerosa, que se prestou a concederlle unha entrevista na nosa radio á rapazada do club de lectura. 

Falamos do seu libro, A Voz do Lago, de escrita, de literatura e da vida. 
As nenas e nenos non podían estar máis contentos e motivados. Aquí tedes a entrevista. 

Grazas Antón!

sábado, 5 de marzo de 2022

venres, 4 de marzo de 2022

Obradoiro de radio. Escaleta e organización de contido

Obradoiro de radio para o alumnado de 6ºEP a cargo de Santi. 
Nel abordaron o guión de contidos, escaleta dun programa de radio e outros contido relacionados.

Moitísimas grazas pola túa xenerosidade! 🌟

mércores, 2 de marzo de 2022

PROGRAMA SOBRE A HORTA

O alumnado de 2ºA preparou este programa sobre a horta que está a poñerse en marcha no cole. Que o desfrutedes!