Lectura

LECTURA DE  LECER

Aproveitade para ler todos os días un pouco. Buscade un sitio onde vos sintades cómod@s e que teña boa luz e deixádevos levar todos os días polo pracer da lectura. Canto máis avancedes nun libro intesante máis ganas teredes de seguir lendo 🙃.
Convencede a toda a familia para compartir un rato de lectura.

LECTURA DE TEXTOS INSTRUTIVOS

Aproveitade para elaborar novos platos ou para facer manualidades coa vosa familia. Para iso teredes que buscar un texto instrutivo que vos diga cómo facelo. Lede as receitas e instruccións e a ver que tal se vos da! É fácil de comprobar 😉.


LECTURA DE INVESTIGACIÓN

Aproveitade para investigar en internet sobre algún tema que vos interese e creade algún tipo de presentación para contarnos. Podedes preparar un vídeo ou unha presentación. Non vos quededes só co que pon o primeiro lugar co que dedes! Búscade máis información en outros libros ou internet e visionade vídeos de Youtube para complementar e contrastar a información. Lembrade que para poder contarnos tedes que preparar un pouco cómo ides a facelo!

LECTURA DE PRENSA

Podedes ler con papá ou mamá algunha nova do día e despois comentádelas e resolvedes dúbidas que poidan xurdirvos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario