venres, 30 de abril de 2021

SEGUIMOS COAS LECTURAS SOLIDARIAS

 O mércores Ainhoa e Alicia foron os encargadas de ler  "A que sabe a lúa" para @s peques do cole. Despois fixeron un repaso dos animais que colaboraron para coller aquel pedaciño de lúa que ansiaban e mesmo a debuxaron!

E o venres foi o turno de Valeria, Adela e Doa, que neste caso leron para os pequerrechos do Punto de Atención á Infancia, que unha vez máis nos responderon con todo o seu interese e atención! 👏🏽👏🏽👏🏽
Seguimos medrando xunt@s coa lectura!!

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


venres, 23 de abril de 2021

Nova entrega das lecturas solidarias

O mércores Ainhoa e Alicia foi o turno de Juan e Pablo que leron "Paco Papán" a@s peques do cole. Outro novo éxito que rematou con sorrisos e aplausos.

E o venres foi o turno de Giovanna e Marta, que con gran enerxía leron "Frederick" de Kalandraka editora. Un gran clásico para os pequerrechos do Punto de Atención á Infancia. 

Vivan os contos!!

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:    

venres, 16 de abril de 2021

PRIMEIRA SEMANA DE LECTURAS SOLIDARIAS!

 Comezamos esta semana coas lecturas dun programa no que levamos traballando un tempo preparando os contos que imos ofrecer a@s nos@s oíntes.

Dentro do programa de Bibliotecas Solidarias de Bibliotecas Solidarias de Galicia, pasaremos as vindeiras semanas facendo "Lecturas para dentro", ofrecendo contacontos a@s peques do noso cole, e "Lecturas para fóra", nas que os receptores dos nosos contos serán as nenas e nenos de 0 a 3 anos do PAI (Punto de Atención á Infancia de Outes) e a partir de Maio, a persoas do Centro de Día.

O luns, Aitor, Manu e Iker deleitaron a@s peques do cole co conto "A casa da miña avoa" de OQO editora.

O mércores, Pablo e Mateo deleitaron a@s peques do cole co conto "Os camiños das árbores" de La Fragatina.
E o venres, Lucas e Dani regalaron a súa lectura a@s peques do PAI (Punto de Atención á Infancia de Outes) co conto "Sal e azucre" de OQO editora.

En todos os casos resultou ser unha marabillosa experiencia!

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

martes, 13 de abril de 2021

KIT ESCORNABÓTICO

Por fin comezaron a circular os KITS ESCORNABÓTICOS!! 

Contan con dous robots, taboleiros, materiais diversos e un panel de propostas que nos leva a través dos códigos QR aos vídeos da GUÍA ESCORNABÓTICA elaborada pol@s colaborador@s da biblio.

Unha proposta enmarcada no programa #bibliotecas creativas de @bescolaresgal 

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

luns, 12 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO. PEGADAS LITERARIAS

 Viaxaron hoxe 4 kits de participación nesta proposta comunitaria con motivo do 23 de abril, Día do Libro. 

Os seus destinos foron a Casa da Cultura de Outes, o IES Poeta Añón, o Centro de Día e o Punto de Atención á Infancia.
Con esta proposta, baseada na obra artística de Rivane Neuenschwander, “Eu desejo seu desejo”, que se materializará nunha intervención artística na Praza de Galicia de Outes, pretendemos recoller unha xeografía lectora íntima da nosa comunidade, a das Pegadas Literarias que levamos cada unha de nós no corazón. 
Pero tamén convertila nun acto de intercambio cultural, xa que a partir do día 23 poderedes vir a recoller unha desas pegadas a modo da recomendación máis íntima e persoal.

Convidámosvos, solicitámosvos a tod@s que participedes. 

Para facelo podedes achegarvos á Casa da Cultura e alí atoparedes todo o preciso para participar en horario de mañá e tarde. 

MOITAS GRAZAS 🧡

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

xoves, 8 de abril de 2021

mércores, 7 de abril de 2021

DÍA DA SAÚDE. CHARLA COA ONG MÉDICOS DEL MUNDO

 Despois de analizar polo Día da Paz a vulneración do Dereito á Saúde e elaborar un completo dossier que poñía en evidencia canto queda por facer, puxémonos en contacto coa ONG Internacional Médicos de Mundo, que traballa para minimizar estas vulneracións en moitos países. 

Iniciamos con el@s unha colaboración que se comezou a materializar estes días con dúas charlas de Celia, doutora voluntaria na ONG. A primeira para @s maiores e a segunda para @s peques.

Celia presentounos a asociación e falounos dos determinantes de saúde, que son aqueles que determinan a calidad da saúde dunha poboación. 

Tamén tivemos a oportunidade de comentar con ela os resultados da enquisa de hábitos saudables e deunos algunhas estratexias de mellora. Convidounos a repetir a enquisa nun par de meses para comprobar canto melloramos. 

Moitas grazas Celia, foi moi interesante!!

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

luns, 5 de abril de 2021

DÍA DA SAÚDE. RESULTADOS ENQUISA E MATERIAIS

 Dentro do noso PDI "Mens sana in corpore sano", o alumnado de 3º Ed. Primaria recibiu o encargo de elaborar un estudo para avaliar como estamos con respecto á práctica de hábitos saudables, xa que é a súa liña de estudo dentro do proxecto. 

Debían avaliar en que aspectos temos xa fortalezas e cales debemos mellorar, e propoñernos algunhas estratexias para facelo.

Para iso elaboraron unha enquisa que fixemos tod@s no cole e despois de analizar as gráficas resultantes estas son as conclusións que nos trasladan.

Dende o Departamento de EF, deixannos tamén unhas indicacións para seguir mellorando en hábitos de vida saudables:

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa: