luns, 17 de decembro de 2018

Recomendacións de lectura para o Nadal

Aquí vos deixamos   recomendacións de lecturas para cada idade e  algúns xogos para este Nadal.
Felices festas  de todo o equipo de biblioteca do CEIP de Outes.

luns, 5 de novembro de 2018

Concurso relatos Samaín


E aquí temos os gañadores do II Concurso de relatos de Samaín do CEIP de Outes.

Ed. infantil. Medo medazo. Sabela Vázquez.

1º ciclo.  O Samaín. Brais.

2º ciclo. O lagarto.  Carmen Torea Suárez.

3º ciclo. O neno pantasma. Xoán Rial Lestón .




Gracias a tod@s polos vosa participación. Costounos moito elexir só a un, sodes grandes escritores! Esperamos que vos gustasen os agasallos. Proximamente poderedes ver na biblioteca os relatos presentados nesta edición.



luns, 29 de outubro de 2018

Mercadillo solidario

Ola amig@s

Este curso volvemos a celebrar o mercadillo solidario, despois da boa acollida que tivo o ano pasado. Cada nen@ podía traer un quilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene e cambialo por un libro. As doazóns entregáronse ao banco de alimentos.
   
Desta maneira, os libros que non se lle estaba dando uso, foron ata os vosos fogares e  aquelas persoas que teñen escasos recursos económicos recibiron os alimentos que precisan.
  
 Dámoslle as grazas a todas as familias, mestras e mestres que participaron nesta iniciativa.





luns, 15 de outubro de 2018

Concurso relatos Samaín


Ola rapaces e rapazas, escríbovos esta carta porque se achega unha data que sei que vos gusta moito: O SAMAÍN.
Para celebrar esta festa dende a biblioteca precisan axuda, e ocorréuseme organizar un concurso de relatos de medo.
Faredes este conto na casa coa vosa familia, a extensión máxima será de tres folios por unha cara.
Haberá catro categorías no concurso:
-          Educación infantil.                                   
-          1º e 2º de educación primaria.
-          3º e 4º de educación primaria.
-          5º e 6º de educación primaria.
En cada categoría haberá un gañador que recibirá como premio un libro de medo.
A data máxima de entrega dos contos será o mércores 24 de outubro na miña biblioteca.
O xurado deste concurso será o equipo de mestras da biblioteca.
Espero que vos animedes a participar e pasar todos xuntos un samaín terrorífico.

martes, 25 de setembro de 2018

Benvidos/as ó novo curso 2018- 2019

Benvidos/as a todos ó novo curso escolar. Xa estamos aquí de novo, despois dun verán cheo de boas lecturas que de seguro puidestes disfrutar.
Xa estamos comezando a preparar unha chea de novas experiencias para vós. Agardámosvos na biblioteca do CEIP de Outes.

xoves, 14 de xuño de 2018

Encontro do club de lectura con Agustín Agra

O pasado mércores, o alumnado do club de lectura do CEIP de Outes tivo un encontro co escritor e profesor Agustín Agra, autor do libro " O tesouro da lagoa de Reid´ls. Durante este encontro os nenos e nenas de 5º e 6º que son membros do clube de lectura fixéronlle unha pequena entrevista que prepararon. Agustín contoulle as fontes que utilizou para escribir este libro e en que mitos se baseou. Tamén houbo tempo para explicar cómo é o seu proceso de creación escrita, onde escribe, que momento do día é o seu preferido, así como para adiantarlles en que proxecto está inmerso neste momento. Algunha pregunta tratou sobre as súas lecturas preferidas, cousa que serve ao noso alumnado como fonte de inspiración e como modelo.

xoves, 24 de maio de 2018

O noso xornal


Como xa sabedes imos a editar o noso propio xornal do CEIP plurilingüe de Outes. Fixemos unha votación para elexir o nome do xornal entre os títulos propostos por cada aula. Recontamos os votos e saiu gañador cun total de 73 votos:

  


venres, 4 de maio de 2018

CONTACONTOS CON CHARO PITA

No día de hoxe visitou o noso cole a contacontos Charo Pita.

En tres sesións maravillosas contounos a todas as nenas e nenos do colexio unha chea de historias. Historias de animais da selva, de ratos, tartarugas, rás, dun neno chamado Óscar que tivo que coidar do seu irmán, ... historias e máis historias rodeados de libros na biblioteca.

Charo tamén nos adicou algúns libros dela que tiñamos no noso cole, que nos vindeiros días recorrerán as aulas para que todo o alumnado poida desfrutar das súas agarimosas palabras.

Aquí vos deixamos unha mostra do que foi esta xornada con ela e tamén algúns dos libros que lle serviron de soporte para o contacontos.


Moitas grazas Charo, deica outra!























mércores, 2 de maio de 2018

MÁIS xogos na ludoteca

Como xa sabedes incorporamos á ludoteca novos xogos de mesa. Hoxe  presentamos...



Érase una vez

Érase una vez é un xogo de cartas narrativo que fomenta a creatividade e a colaboración. Os xogadores crean xuntos unha historia, utilizando cartas que presentan elementos típicos dos contos de fadas, tales como Príncipes, Bosques ou fadas.








Chocolate fix

Xogo de inxenio para comelo.Usa as pistas para encher a bandexa cas nove pezas de chocolate nas súas posicións correctas.Os xogadores deben examinar todas as pistas na tarxeta de desafío antes de tomar unha decisión.


¡Rico rico!







Rush hour

Prepara o reto como indica a carta e loita no atasco para sacar o coche vermello, deslizando os vehículos que bloquean o seu paso. Ten catro niveles de dificultade,para que cada xogador avance ó seu ritmo.



NOTICIAS DE OUTES


Durante este curso fomos recompilando noticias que encontrabamos nos xornais relacionadas co noso concello. O noso mural  está exposto a entrada do colexio e  xa está cheo de noticias. Pasade cando  queirades a velas!




martes, 24 de abril de 2018

23 de abril. DÍA DO LIBRO

O alumnado de Educación Infantil do CEIP de Outes celebrou o día do libro traendo os seus libros preferidos das casas.
O luns pola mañá as nenas e nenos chegaron á escola cargados de contos e libros de información das súas temáticas preferidas con ganas de ensinarllos aos compañeiros e poder así compartir o seu gusto pola lectura.

Tamén traian as mans cheas de flores para intercambiar, xa que alguén lles contou a historia dun valente cabaleiro que acabou ca vida dun dragón que cando morreu a súa sangue se convirteu nunha fermosa rosa. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos compartidos.

FELIZ LECTURA

 











 

luns, 23 de abril de 2018

Contacontos na biblioteca

O pasado xoves os nenos/as de 1º e 2º curso acudimos a biblioteca do centro a un contacontos. Contáronnos varias historias da obra "Ti contas ,eu canto" da homenaxeada deste ano nas Letras galegas; Maria Victoria Moreno.




Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino.







domingo, 15 de abril de 2018

Proxecto O xornal 3º fase

Continuamos co noso proxecto sobre o xornal. Durante os meses de febreiro e marzo traballamos cos artigos de opinión, localizamos os espacios publicitarios e escribimos anuncios. Tamén elaboramos pasatempos e aprendemos a resolvelos.







Por último e como non podía ser doutra maneira, todas aquelas noticias, artigos de opinión e demáis documentos que fomos realizando serviránnos para dar vida ó noso propio xornal do CEIP plurilingüe de Outes. Xa vos iremos informando das novidades.





xoves, 22 de marzo de 2018

AS POESÍAS SAEN Á RÚA

Para celebrar o día da poesía algúns nenos e nenas do CEIP de Outes sairon á rúa colocar diferentes obras que traballaron previamente nas aulas. Unha actividade que lle dá visibilidade a un texto as veces esquecido na sociedade e coa cal ademáis tiveron a sorte de desfrutar dun bonito día da recén inaugurada privamera.

Outros preferiron colocar as súas producións no interior do centro. Aquí vos deixamos as fotos.