venres, 20 de marzo de 2020

Semana da poesía


Para celebrar a semana da poesía organizouse unha actividade, na que en grupos interniveis  o alumnado traballou con   versos de diferentes poemas e  de diversa autoría todos co tema da igualdade. Con estes versos, os grupos crearon novos poemas, que despois recitaron para o resto do alumnado. 







xoves, 12 de marzo de 2020

Día da muller traballadora


Para conmemorar o día da muller traballadora  fixemos unha exposición de fotografías de mulleres da comunidade educativa traballando (presentes ou pasadas). Decoramos a exposición ca temática do mar, aparellos de pesca e barcos de papel violeta; xa que éste está moi presente na vida das mulleres  polas características da contorna. Quedou moi fermosa!







luns, 9 de marzo de 2020

Club de lectura: 2º trimestre

No segundo trimestre lemos "Correo Urxente" de Paula Carballeira e "O Misterio do Torque de Burela", de Antía Yáñez.



Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007 e O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).

Sinopse: Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e ás nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.





Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.

Sinopse: Son milleiros de rapazas e rapaces os que coñecen estes catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes. Percorren Galicia vivindo aventuras e descubrindo asasinatos e roubos. Son infalibles. Nesta nova hisoria, demóstrano unha vez máis…