martes, 24 de abril de 2018

23 de abril. DÍA DO LIBRO

O alumnado de Educación Infantil do CEIP de Outes celebrou o día do libro traendo os seus libros preferidos das casas.
O luns pola mañá as nenas e nenos chegaron á escola cargados de contos e libros de información das súas temáticas preferidas con ganas de ensinarllos aos compañeiros e poder así compartir o seu gusto pola lectura.

Tamén traian as mans cheas de flores para intercambiar, xa que alguén lles contou a historia dun valente cabaleiro que acabou ca vida dun dragón que cando morreu a súa sangue se convirteu nunha fermosa rosa. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos compartidos.

FELIZ LECTURA

 











 

luns, 23 de abril de 2018

Contacontos na biblioteca

O pasado xoves os nenos/as de 1º e 2º curso acudimos a biblioteca do centro a un contacontos. Contáronnos varias historias da obra "Ti contas ,eu canto" da homenaxeada deste ano nas Letras galegas; Maria Victoria Moreno.




Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino.







domingo, 15 de abril de 2018

Proxecto O xornal 3º fase

Continuamos co noso proxecto sobre o xornal. Durante os meses de febreiro e marzo traballamos cos artigos de opinión, localizamos os espacios publicitarios e escribimos anuncios. Tamén elaboramos pasatempos e aprendemos a resolvelos.







Por último e como non podía ser doutra maneira, todas aquelas noticias, artigos de opinión e demáis documentos que fomos realizando serviránnos para dar vida ó noso propio xornal do CEIP plurilingüe de Outes. Xa vos iremos informando das novidades.