Exposición bibliográfica e tertulia na radio.
venres, 11 de febreiro de 2022
domingo, 7 de marzo de 2021
#8M - ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL
Escollidas as preguntas e recibidas xa as respostas de Sonia Villapol, só nos queda agradecerlle a súa implicación e desfrutar da entrevista.
Entrevista coordinada e montada polo equipo de Convivencia do centro no marco do PDI Mens sana in corpore sano”
Moitísimas gracias Sonia,
pola entrevista e polo teu importante traballo!
8 de marzo. Dia internacional da muller
O próximo 8 de marzo terá lugar o día internacional da muller.
Dende o equipo de convivencia propoñennos unha actividade colaborativa, relacionada co proxecto de centro, na que o alumnado terá que facer de periodistas e pensar preguntas para facerlle unha entrevista a Sonia Villapol, científica galega do ámbito da bioloxía molecular, que hoxe en día forma parte da Sociedade Americana de Neurociencias e do equipo de investigación internacional sobre a COVID-19.
No seguinte enlace podedes acceder á presentación con información sobre ela e outras mulleres referentes da literatura, do deporte e da ciencia.
Agardamos que vos guste!
Sonia Villapol estará encantada de respondervos!
xoves, 4 de marzo de 2021
RECIBIMOS NOVA EXPERIENCIA CIENTÍFICA!
Recibimos unha nova experiencia! Sabela, de 1ºA e o seu pai fixeron un UKELELE!! E rexistraron todo o proceso como auténtic@s científic@s.
BRAVO! Viva a conxunción ciencia e música
sábado, 20 de febreiro de 2021
ZOOTROPO
Fermoso vídeo sobre a experiencia científica, que levaron a cabo Antía de 3ºB e Ignacio de 6ºB coa súa familia, en resposta á proposta polo Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Moitas grazas pola vosa participación!!
xoves, 11 de febreiro de 2021
11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. RECURSOS E PROPOSTA
Pois tal e como di o título comezamos con unha oferta de recursos remataremos cunha proposta para achegarvos á ciencia en familia.
En primeiro lugar tedes na biblio unha exposición con fondos de grandes mulleres da ciencia ás que a historia non lles fixo xustiza, pero que agora se recollen nestes fermosos libros, para aínda que tarde poidamos achegarnos aos seus asombrosos traballos.






