domingo, 27 de xuño de 2021

PARABÉNS DO CONSELLEIRO DE SANIDADE

Felicitación do Conselleiro de Sanidade polo noso traballo, que queremos facer extensiva á Comunidade e ás entidades colaboradoras. Unha felicitación que é especialmente importante este curso complicado e histórico. Un curso que comezou cheo de incertezas e que rematamos plenas de orgullo de cole. 

Un curso no que demostramos ademais que cando toda a Comunidade camiña da man poden facerse realidade moitos soños.

Felicitacións especiais ás nenas e nenas que foron, unha vez máis e nesta situación, un auténtico exemplo. 




Presentación literaria "VER PARA CRER. A HISTORIA DE XELA A CABALEIRA" 4º ED. PRIMARIA

 Nova presentación dun libro de autocreación e autoedición. Outes Editora da moito de si, porque xa vos avanzamos que aínda non é a última presentación deste curso 🌟🥰

sábado, 19 de xuño de 2021

Dossier de prensa "CÓIDATE, CÓIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade"

 Con esta entrada queremos agradecer a todos os medios que deron cobertura á nosa campaña, porque grazas á mesma a nosa campaña chegou a moita máis xente, acompañando o obxectivo deste traballo, concienciar ao maior número de persoas da importancia de coidar a nosa saúde. 

Deixámosvos os enlaces de todas as novas que saíron. 

Premede nas imaxes para acceder ás novas completas!





GALICIA

luns, 14 de xuño de 2021

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA "CÓIDATE, COIDANOS. A SAÚDE UNHA GRAN RESPONSABILIDADE"

 Hoxe celebramos o acto de presentación oficial da campaña “COIDATE, COIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade”.

Os nenos e nenas representantes do Consello da Infancia foron @sencargad@s de conducir o acto no que se fixo unha pequena descrición de todo o proceso levado a cabo e se proxectaron os spots da campaña.

Agradecer á Xefa Territorial de Sanidade da Coruña, Concello de Outes, Anpa Rio Tines, Asociación Terras de Outes, IES Poeta Añon, Cruz Vermella de Noia e ás familias e persoal do centro a súa asistencia. 

E por suposto tamén a asistencia da Presidenta e Coordinadora de @medicosdomundogalicia, entidade coa que colaboramos na campaña.

venres, 4 de xuño de 2021

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS


 Recoñecemento á nosa biblioteca. Centro seleccionado na Resolución de 18 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para o curso 2021/22. 

Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar, e recoñece os esforzos das comunidades educativas por conformar "Bibliotecas escolares solidarias" que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento. 

Moi felices de recibir este recoñecemento e con ganas de seguir traballando para seguir mellorando da man da comunidade, xa que a calidade da ensinanza é cousa de todos e todas.

SEMANA DA SAÚDE. Do 7 ao 11 de XUÑO

 Despois traballar intensamente nas distintas liñas de investigación, chega o momento de dar difusión ao noso traballo e lanzar a 

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SANITARIA 

"CÓIDATE, CÓIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade"

Esta fase de difusión, que terá varias etapas, comeza coa SEMANA DA SAÚDE dirixida á nosa comunidade máis cercana, alumnado e familias, aínda que estará publica no blogue.

Nesta semana, cada día visionaremos os produtos de unha das liñas de traballo e reflexionaremos sobre o que @s compañeiros e compañeiras nos conten, resultado das súas investigacións.

Convidámosvos a que o fagades tamén na casa e retomedes esas conversas sobre os contidos de cada día en familia. Deixámosvos o cartaz co programa e agradecemos moito a vosa colaboración.

En breve seguiremos informando das seguintes accións!