mércores, 20 de decembro de 2017

Recomendacións de lectura para o Nadal

Aquí vos deixo os meus libros e xogos  favoritos para este Nadal.
Felices festas de parte da vosa amiga Saisa e do todo o equipo de biblioteca do CEIP de Outes.




domingo, 17 de decembro de 2017

O noso quiosco

Como xa sabedes estamos a traballar co xornal e que mellor forma de metermos en materia que poñer a andar o noso propio quiosco. Dende o mes de novembro e durante os recreo; varios voluntarios organizan o préstamo de revistas e tamén se pode ver o xornal de cada día. Temos unha sección de xornais estranxeiros na que podemos ver como é un xornal de Portugal, Estados Unidos , Alemania, Reino Unido, Francia ou inluso  Xapón.










Tamén temos un tablón de anuncios breves no que  o alumnado pode poñer os seus anuncios: cambio, ofrezo, preciso,  busco...

venres, 15 de decembro de 2017

Proxecto Documental Integrado 2017-2018 O Xornal: 1º fase

Este curso vaise levar a cabo o proxecto documental integrado, coordinado dende a  biblioteca escolar: O xornal 
Durante o mes de novembro adicouse un tempo de lectura diaria o xornal e tamén dúas sesións semanais a traballar  dito proxecto.  Nos corredores do centro cada aula foi creando un espacio para a recollida das conclusións  e de todo o traballo que se foi facendo.
Nesta 1º fase as  actividades que se fixeron  foron en torno a lectura e análise do xornal. Por exemplo:

_Chegar a acordos sobre a función do periódico e destinatarios.
_Análise do formato, tipos de texto, léxico, tipos de frases, seccións..
-Identificar distintos tipos de letras, números, imaxes, debuxos (Ed.Infantil)
_Buscar noticicas sobre un feito relevante concreto e comprobar o distintos tratamentos nos xornais.
_Analizar a relación imaxe-foto.
_Noticias recortadas, incluila nunha sección do xornal.
_Distinguir noticias e opinións.
_Recortar fotos e relacionala ca noticia correspondente.
_Localizar publicidade  e anuncios breves.
_Contar noticias .

Podedes ver aquí algunhas fotos da 1º fase do proxecto.




 



domingo, 26 de novembro de 2017

MERCADIÑO SOLIDARIO

Ola amiguiñas e amiguiños.

   Hoxe vouvos contar porqué ata o mes de outubro a biblioteca do cole estivo pechada. As mestras e o mestre que me axudan a pensar actividades para a biblioteca estiveron escollendo aqueles libros que xa non usades, que están estropeados, etc
Para darlle unha segunda vida a todos eses libros decidiron facer un "MERCADIÑO SOLIDARIO"  e intercambiar os fondos por alimentos non perecedeiros, que logo foron entregados a Cáritas de Outes.
   Moitos nenos e nenas trouxestes das vosas casas algún alimento para cambiar por aqueles libros que máis vos gustaron. 
Así, libros que estaban nos estantes da biblioteca esquecidos, viaxaron ata as vosas casas para emprender aventuras con vós e aquelas persoas que teñen escasos recursos económicos recibiron os alimentos que precisan.
   Agora deixovos algunhas fotos para que vexades os 276 kilos de comida que recollemos, e tamén a noticia que saiu no xornal.

   Dende aquí dámoslle as grazas a todas as familias, mestras e mestres que participaron nesta iniciativa.
































UN SAÚDO

SAISA

sábado, 25 de novembro de 2017

O autor: Ledicia Costas

Ledicia Costas é  unha escritora galega licenciada en Dereito Económico. Empezou moi xoven neste mundo escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. En 2015 gañou  o premio nacional de literatura infantil e por Escarlatina, a cociñeira defunta.



O autor: Xabier P. Docampo


Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo, 1946) é un maestro, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademáis de animador a lectura e experto en bibliotecas escolares. En 1995 obtuvo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pola noite seleccionada asimesmo como unha das cen mellores obras do século XX en  español.



mércores, 15 de novembro de 2017

Empezamos!

Arranca un ano máis o club de lectura con novos membros de 5º e 6º curso.
Haberá dous grupos e os libros elixidos foron O misterio das badaladas de Xavier P. Docampo  e A señorita Bubble de Ledicia Costas.





domingo, 5 de novembro de 2017

Contacontos polo Samaín

Con motivo do Samaín fixemos un contacontos na biblioteca no tempo do recreo. Os contos elixidos foron: para 1º e 2º A figueira de Pelostortos, para 3º e 4º curso Cadavercita Roja e para 5º e 6º Cuentos de terror de Edgar Allan Poe.
Si vos gustaron  podedes encontrar estas historias  na biblioteca.






venres, 13 de outubro de 2017

NOVAS INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Boas amiguiñas e amiguiños.

Como ben sabedes son Saisa, a mascota da biblioteca do CEIP plurilingüe de Outes.
Neste curso a miña biblioteca estivo pechada durante varias semanas para organizar novos espazos e novos materiais.

As mestras e mestres estiveron a organizar libros, estanterias, cambiaron os ordenadores de sitio, ... e actualizaron os libros que había dentro. Dixéronme que cos libros que quitaron fixeron unha proposta moi interesante, que xa vos contarei mais adiante. 

Tamén podo ver que agora hai mais nenos que veñen pola miña biblioteca, parece que agora no centro somos mais de 250 alumnos e alumnas, QUE PASADA!!!

Vouvos ensinar algúns dos espazos novos da biblioteca e tamén lembrar como debemos usalos.



 Na entrada temos unha estantería onde iremos colocando as novidades, tamén podedes ver os libros de buscar, os libros de RA (Realidade Aumentada) e os albums ilustrados en gran formato.




Esta é a zona de consulta. Aquí están os libros nos que podemos buscar información, para axudarnos a saber onde buscar podedes acudir á flor que hai colgada xunto a porta da entrada. Cada pétalo ten unha cor e uha etiqueta co número e nome das seccións. Nos lombos dos libros atoparedes etiquetas desas mesmas cores e co número que nos indica a que categoría pertence cada libro.
Os ordenadores podedes utilizalos para a a busca de información, e lembrade que tamén tedes unha tableta á vosa disposición que debedes pedirlle aos mestres e mestras que estean na biblioteca.
Aquí podedes atopar tamén unha mesa para facer traballos en grupo, buscar información nos libros, etc.




Esta é a zona de lectura para os máis pequenos, aquí están colocados os libros de educación infantil. Que teñen pegatina azul de narrativa, co número 82N. Sempre que esta zona estea ocupada por nenos pequenos os maiores deberedes buscar outros espazos na biblioteca, cando estea baleira poderedesvos sentar a ler nos sillóns.





Nas estanterías  desta zona tedes os contos e libros de narrativa, clasificados en tres cores:
- Etiqueta amarela: Primeiros lectores
Etiqueta verde: Lectores iniciados
Etiqueta vermella: Lectores avanzados.
Ao fondo están colocados os libros dos que existe mais de un exemplar para o uso na aula.
E tamén atoparedes libros de cómic, poesía e teatro.





Esta zona tamén é de lectura para os mais maiores, nela tede en conta que tedes que estar sen calzado para pisar a alfombra.




Xa para rematar preséntovos unha novidade deste curso: A LUDOTECA.
Está situada no primeiro piso, na aula de audiovisuais. Podedes ir a ela nos recreos, sempre que haxa alí un mestre ou unha mestra de garda. Atoparedes xogos como parchís, ocas, xadreces, dominós, xogos de estratexia, preguntas e respostas, ... Un sinfín de oportunidades de xogar con nenas e nenos de todo o centro.




ESPÉROVOS NA BIBLIOTECA!!!!