domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

A Unesco elexiu o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Deixámosvos pois unha pequena escolma de algúns do libros de poesía que podedes atopar na biblio na nosa lingua especial e propia.

venres, 19 de marzo de 2021

DESMENTINDO BULOS. SEMANA DA PRENSA

 Levamos a cabo unha importante búsqueda e análise de bulos nos distintos ámbitos da saúde. 

Neste traballo, enmarcado no proxecto de centro "Mens sana in corpore sano", non so desmentimos varias ideas moi extendidas, senón que sacamos importantes conclusións en torno aos intereses que poden encerrar estes bulos e porque a xente os cre a pesar do increíbles que poden resultar algúns deles.

venres, 12 de marzo de 2021

mércores, 10 de marzo de 2021

Argallando cos escornabots!

 Algo andan argallando as colaboradoras e colaboradores cos escornabots para o resto do cole! 

En breve máis información... 😋

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

domingo, 7 de marzo de 2021

#8M - A representación da muller nos videoxogos

 Este traballo foi levado a cabo polo alumnado de 5º de Ed. Primaria dentro do proxecto "Videoxogos e saúde mental" no marco do proxecto de centro "MENS SANA IN CORPORE SANO"

#8M - Campaña de Igualdade a cargo do alumnado de 6ºEP

 Unha reflexión sobre os estereotipos en torno ao mercado laboral e os seus efectos psicolóxicos á hora de encamiñar as nosas carreiras.

Este traballo foi levado a cabo polo alumnado de 6º de Ed. Primaria. 


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

#8M - UN CAMBIO DE ROL. Mulleres no marco da I Guerra Mundial e a pandemia de 1918

Vídeo resultante da investigación e reflexión sobre o cambio de rol que supuxo para as mulleres o abandono de moitos traballos por parte dos homes debido á súa participación na I Guerra Mundial e a pandemia de 1918.
Este traballo foi levado a cabo polo alumnado de 5º de Ed. Infantil e 4ª de Ed. Primaria dentro do proxecto "Enfoque histórico. Pandemia de 1918" no marco do proxecto de centro "MENS SANA IN CORPORE SANO"


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

#8M - ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL

Escollidas as preguntas e recibidas xa as respostas de Sonia Villapol, só nos queda agradecerlle a súa implicación e desfrutar da entrevista.

Entrevista coordinada e montada polo equipo de Convivencia do centro no marco do PDI Mens sana in corpore sano”

Moitísimas gracias Sonia, 

pola entrevista e polo teu importante traballo!

8 de marzo. Dia internacional da muller

 O próximo 8 de marzo terá lugar o día internacional da muller.

Dende o equipo de convivencia propoñennos unha actividade colaborativa, relacionada co proxecto de centro, na que o alumnado terá que facer de periodistas e pensar preguntas para facerlle unha entrevista a Sonia Villapol, científica galega do ámbito da bioloxía molecular, que hoxe en día forma parte da Sociedade Americana de Neurociencias e do equipo de investigación internacional sobre a COVID-19.

No seguinte enlace podedes acceder á presentación con información sobre ela e outras mulleres referentes da literatura, do deporte e da ciencia.

Agardamos que vos guste! 

Sonia Villapol estará encantada de respondervos!

xoves, 4 de marzo de 2021

RECIBIMOS NOVA EXPERIENCIA CIENTÍFICA!

 Recibimos unha nova experiencia! Sabela, de 1ºA e o seu pai fixeron un UKELELE!! E rexistraron todo o proceso como auténtic@s científic@s.

BRAVO! Viva a conxunción ciencia e música


O Clube do Cómic e Clube de Escritura Creativa

 A nosa biblio está de estrea!! Inauguramos "O Clube do Cómic" e o "Clube de Escritura Creativa", que chegan para acompañar ao xa presente "Clube de Lectura". 

Con todos eles pretendemos achegar aos nenos e nenas á lectura de distintas tipoloxías textuais e á escritura como medios de expresión e fonte de lecer. 


No Clube do Cómic aprenderemos sobre os distintos recursos de expresión que emprega, tanto para aprender a sacarlle o seu máximo partido na lectura, como para convertilos en recursos propios nas nosas creacións. 

Será tamén un lugar de encontro de lectores e lectoras de cómic, onde terán a oportunidade de falar sobre os mesmos e recomendarse lecturas.

O Clube de Escritura busca atopar o gusto por escribir, por xogar coas palabras e atopar distintos xeitos de expresión, diversión e mesmo terapia. E todo iso a través da socialización de parte das nosas creacións, xa  que tamén hai unha proposta de escritura íntima e persoal.


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa: