mércores, 22 de decembro de 2021

PARABÉNS Á COMUNIDADE E FELICES FESTAS

 Moitas grazas a tod@s polos parabéns recibidos a causa das última boas novas recibidas.

Compartímosvos os recibidos do Conselleiro de Educación. PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!

E... FELICES FESTAS! 🌟

mércores, 15 de decembro de 2021

VOLUNTARIADO CARA UNHA BIBLIOTECA MÁIS INCLUSIVA

Hai uns días conmemorábamos o Día Internacional das persoas con diversidade funcional e presentábamosvos algunhas novidades bibliográficas nas que se incluían materiais adaptados en Braille, con pictogramas ou, simplemente, que afondaban na temática da inclusión.

Ben, pois ese non é o único camiño que percorremos para facer da nosa biblioteca un lugar máis inclusivo. Os colaboradores e colaboradoras de 6°B veñen de aprender a manexarse con algunha aplicación web na que descargar pictogramas e así poder acompañar as diferentes seccións da biblioteca cunha imaxe representativa que axude a todo o alumnado a acceder aos libros que desexa. 

Por agora iremos nomeando algunha estantería pero xa hai a proposta de escoller algúns dos libros máis lidos e facer unha pequena adaptación con pictogramas. 

En Outes, camiñamos cara a inclusión!

martes, 14 de decembro de 2021

RECOÑECEMENTO NO VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

NOVO PREMIO no VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta. 

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€. 

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! 🥰🎉

martes, 7 de decembro de 2021

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

 Colaborador@s, es@s peques indispensables do equipo da biblio. 

Hoxe colocación de devolución de préstamos, ordenación e sinalización de libros según lingua galego/castelán e nivel lector.

Aprendendo á vez que fan unha gran labor de voluntariado cultural 🌟

GRAZAS 🌻

sábado, 4 de decembro de 2021

PREMIO NO CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

ESTAMOS DE NORABOA! 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de publicar a Resolución do “Concurso Estatal de Buenas Prácticas en centros docentes” no que o noso PDI “Mens sana in corpore sano” foi recoñecido como proxecto de mellora da calidade educativa, e premiado cunha dotación de 10.000€.

Moi felices, porque este premio é un gran recoñecemento ao traballo de todo o alumnado e persoal do centro e no que a implicación das familias resultou clave para o seu desenvolvemento. 

Seguimos no camiño, moito traballo, pero a ilusión e as ganas son un gran motor! 
NORABOA DE NOVO Á TODA A COMUNIDADE

venres, 3 de decembro de 2021

Día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade

Por iso desde hoxe no cole quixemos poñernos na pel das persoas con diversidade funcional e ser conscientes dalgunhas das súas dificultades. A proposta do Equipo de Convivencia organizouse un circuito para poder experimentar as barreiras ás que se enfrentan estas persoas a diario empregando unha cadeira de rodas, muletas, antifaces ou unha silla anfibia.


Ademais dende a biblio presentamos unha selección de libros adaptados de lectura fácil con pictogramas ou Braille, para que todas as persoas poidan acceder á lectura.

Temos que agradecer enormemente a Cruz Roja Noia o préstamo do material e que desprazaran dous vehículos adaptados para que puidéramos coñecer o seu funcionamento.

mércores, 1 de decembro de 2021

martes, 30 de novembro de 2021

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas... e no cole enteiro! 

O Club de Ciencia do cole estreouse con propostas de experiencias en relación coas propiedades da auga e do aire. 

E na biblio puidemos ler ciencia! 


xoves, 25 de novembro de 2021

"ZAPATOS ROJOS" contra a violencia de xénero

 As voces do noso alumnado en contra das violencias de xénero. 

Unha instalación artística baseada na obra de Elina Chauvert, “Zapatos rojos” na que simbolizamos todas as violencias exercidas contra as mulleres. 

Proposta de Educación Infantil na que participa todo o centro no marco do PDI “Outes sostible”, no que o alumnado desta etapa traballa en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relacionados coa Igualdade de Xénero e a Reducción das desigualdades.

mércores, 24 de novembro de 2021

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 O Club de Lectura celebrou a súa primeira reunión! ✨

Nesta, falaron de varios libros, leron as súas sinopses e fixeron a escolla da súa primeira lectura. Se queredes saber cal é pasade foto! 

sábado, 20 de novembro de 2021

O NOSO PROXECTO NAS XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES!

 Pois as Xornadas de Bibliotecas Escolares remataron e foron fantásticas. 

Un luxo escoitar a grandes como Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e Paula Carballeira, mestr@s tod@s el@s da palabra.


Tamén tivemos oportunidade de escoitar experiencias fantásticas de outros centros e de compartir a nosa! 
Reflexionamos sobre a oralidade no marco do proxecto do curso pasado “Mens sana in corpore sano”. 

Moitas grazas a BIBLIOTECAS ESCOLARES polo convite 🌟

mércores, 17 de novembro de 2021

FORMACIÓN CON PAOLA GUIMERÁNS. DESIGN THINKING

Formación con Paola Guimeráns sobre Design Thinking, pensada para revertir de forma directa no proxecto de centro deste curso. 

Gran participación, implicación e marabilloso clima! Desfrutando de aprender🌟

PARA MÁIS IMAXES PREMER AQUÍ

venres, 5 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

Chegou o Samaín, e con el as lecturas máis terroríficas do ano! Lecturas terroríficas, pero tamén outras que nos axudan a falar dos nosos medos, a socializalos e facelos máis pequenos.

Así se atoparon esas lecturas na entrada da biblio... 👻


Eses medos foron recollidos nunhas tarxetas para a súa queima nun aquelarre no que incluso se recitou algún conxuro para facer a queima máis efectiva.

Ademais, ao longo de todo o mes, todas as aulas estiveron traballando nos deseños das súas cabazas para elaborar un texto instrutivo co que se convidou aos nenos e nenas a replicalas en familia e poñelas polas aldeas. Neste vídeo, elaborado polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, podedes pasar moito medo observando esas réplicas e algunhas outras de fantasmagóricos deseños.


MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN FAMILIAS!!

mércores, 3 de novembro de 2021

🌟🌟RADIO NA BIBLIO🌟🌟

Gran nova a recibida hoxe! Somos un dos 30 centros de nova incorporación ao programa Radio na Biblio! 

Grazas a este programa poderemos montar un laboratorio de radio, o que supón un novo gran enorme recurso!! 
MOI FELICES 💕

martes, 26 de outubro de 2021

luns, 25 de outubro de 2021

INAUGURACIÓN PDI "OUTES SOSTIBLE"

 24/10 DÍA DAS BIBLIOTECAS e con el presentación do noso novo PDI “OUTES SOSTIBLE”! 

Por motivos de espazo e condicións sanitarias vímonos na obriga de trasladar a nosa “biblio” ao patio cuberto para facer alí a presentación, pero a emoción foi enorme igualmente. 
Con este novo PDI abordaremos unha análise das necesidades e posibles melloras do noso concello a partir dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 da ONU, para redactar propostas que nos axuden a facer de Outes un Concello máis sostible.

Aproveitamos tamén para dar peche ao PDI do curso pasado cos agradecementos e eloxios das familias recollidos ao longo da exposición. E tamén co agradecemento de Médicos do Mundo pola aportación ao fondo de farmacia da entidade que axudará a mellorar o acceso a medicamentos de moitas persoas. 

Unha xornada moi especial para celebrar o Día das Bibliotecas.



xoves, 30 de setembro de 2021

INAUGURACIÓN BIBLIO OUTES

E a esta nova biblio tocaba facerlle unha boa inauguración! 

Ademais dos espazos e as súas distintas posibilidades, agardaba na biblio pola visita de todos os grupos os carnés de usuari@s e as mochilas viaxeiras. Símbolos de identidade e pertenencia a este espazo símbolo da nosa comunidade.

Todos os grupos foron pasando pola biblio e desfrutando dun ratiño de experiencias. 


Agora queda comezar a desfrutala no cotiá. 

E ganas non faltan!

venres, 24 de setembro de 2021

BENVID@S AO NOVO CURSO CON NOVA BIBLIO!!

 Menuda novidade coa que comezamos este novo curso! Xa podemos estrear a nova biblio froito de todo o traballo do equipo de profesorado e alumnado colaborador da biblioteca do ano pasado. 

Quedou moi práctica e fermosa, mirade! (podedes pinchar nas imaxes para velas en grande 😊




domingo, 27 de xuño de 2021

PARABÉNS DO CONSELLEIRO DE SANIDADE

Felicitación do Conselleiro de Sanidade polo noso traballo, que queremos facer extensiva á Comunidade e ás entidades colaboradoras. Unha felicitación que é especialmente importante este curso complicado e histórico. Un curso que comezou cheo de incertezas e que rematamos plenas de orgullo de cole. 

Un curso no que demostramos ademais que cando toda a Comunidade camiña da man poden facerse realidade moitos soños.

Felicitacións especiais ás nenas e nenas que foron, unha vez máis e nesta situación, un auténtico exemplo. 




Presentación literaria "VER PARA CRER. A HISTORIA DE XELA A CABALEIRA" 4º ED. PRIMARIA

 Nova presentación dun libro de autocreación e autoedición. Outes Editora da moito de si, porque xa vos avanzamos que aínda non é a última presentación deste curso 🌟🥰

sábado, 19 de xuño de 2021

Dossier de prensa "CÓIDATE, CÓIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade"

 Con esta entrada queremos agradecer a todos os medios que deron cobertura á nosa campaña, porque grazas á mesma a nosa campaña chegou a moita máis xente, acompañando o obxectivo deste traballo, concienciar ao maior número de persoas da importancia de coidar a nosa saúde. 

Deixámosvos os enlaces de todas as novas que saíron. 

Premede nas imaxes para acceder ás novas completas!





GALICIA

luns, 14 de xuño de 2021

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA "CÓIDATE, COIDANOS. A SAÚDE UNHA GRAN RESPONSABILIDADE"

 Hoxe celebramos o acto de presentación oficial da campaña “COIDATE, COIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade”.

Os nenos e nenas representantes do Consello da Infancia foron @sencargad@s de conducir o acto no que se fixo unha pequena descrición de todo o proceso levado a cabo e se proxectaron os spots da campaña.

Agradecer á Xefa Territorial de Sanidade da Coruña, Concello de Outes, Anpa Rio Tines, Asociación Terras de Outes, IES Poeta Añon, Cruz Vermella de Noia e ás familias e persoal do centro a súa asistencia. 

E por suposto tamén a asistencia da Presidenta e Coordinadora de @medicosdomundogalicia, entidade coa que colaboramos na campaña.