xoves, 29 de outubro de 2020

moito maxín, no samaín!

Emocionante xornada de Samaín, a la par que sanitariamente segura,  no CEIP Plurilingüe de Outes!

Decoración de cabazas, visionado de curtas, lectura de relatos... e ENTERRO DOS MEDOS! Medos fóra!


As familias tamén colaboraron nesta festa que puideron disfrutar tanto no cole como nas casas, nas que compartiron un tempo estupendo esculpindo e decorando as súas cabazas. Moitas grazas pola colaboración familias! E moitas grazas tamén á ANPA do cole que aportou as cabazas para decorar nas clases 😊.
Coas fotos das mesmas e as das clases, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares montou este vídeo que agardamos disfrutedes case tanto como disfrutáchedes con esta actividade tan típica do Samaín. 


Por outra banda, dende a biblio pediuse tamén aos nenos e nenas que enviaran os seus relatos... POIS XA ESTÁN AQUÍ!!! @s nos@s pequenos escritores e escritoras puxéronse mans á obra e hoxe publicamos tamén a escolma dos "RELATOS DE SAMAÍN".

INFO SÓ APTA PARA ORDENADORES, EN MÓVILES E TABLETS SEN AMBIENTACIÓN MUSICAL 🙉: Deixámosvos un vídeo que podedes accionar por se vos apetece ambientar con música as vosas lecturas. Dádelle ao play no vídeo e despois premede nos 3 puntos da presentación para desplegar un menú no que poderedes ampliala a pantalla completa. 

NOTA: son moitos os relatos recibidos e as fotos das cabazas... A edición do vídeo está pechada, pero en canto aos relatos, se botades en falta algún poñédevos en contacto con bibliooutes@gmail.com para buscalo e incluílo. Grazas pola vosa comprensión 😉

XA SÓ VOS QUEDA DESFRUTAR DAS LECTURAS!

NON PASEDES MOITO MEDO!!

mércores, 28 de outubro de 2020

FORMACIÓN BIBLIOTECAS CREATIVAS

 O luns 26 e o martes 27 estivemos formación do programa "Biblioteca Creativa" no que acabamos de entrar. 

Na primeira sesión montamos o noso primeiro escornabot coa intención de guiar no proceso de montaxe dos outros tres recibidos. Ademais, nesa formación recibimos tamén as ferramentas precisas para a dita montaxe e dous libros relacionados con esta liña de traballo. 

Este é o kit de “bibliotecas creativas” para comezar a fedellar coa robótica! O primeiro será enfrentarse a tornillería e soldadura cos 3 robots pendentes de montaxe. A partir de aí exploraremos todas as posibilidades de traballo creativo e tecnolóxico, a la par que curricular, que ven da man destes novos pequenos amig@s!

Na sesión do martes falamos de multialfabetizacións, do fomento da igualdade a través da competencia dixital, de impresión 3D, de recursos técnicos... e dunha chea de cousas máis que guiarán a nosa práctica. CANTO IMOS APRENDER!!

PREPARÁDEVOS QUE VEÑEN CURVAS!!


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

venres, 23 de outubro de 2020

24 DE OUTUBRO, 2020. Un "DÍA DAS BIBLIOTECAS" especial


As bibliotecas son lugares que promoven o acceso á cultura, o coñecemento e o entretemento, e cumplen esta función poñendo o acceso a recursos e asesoramento ao alcance de tod@s.

Se esta data é un día moi especial para as bibliotecas, éste de 2020, coas circuntancias que estamos a vivir é aínda máis especial se cabe. 

Cada 24 de outubro lévase a cabo un traballo de visibilización da biblioteca como espazo e como servizo, e este ano queremos dicirvos que seguimos aquí. Desta volta quizáis no espazo virtual, pero coas mesmas gañas e forza que sempre. 

Este lugar no que estades a ler estas palabras é o BLOGUE DA BIBLIO, e dende aquí poñeremos á vosa disposición recursos diversos relacionados con eses tres eixos dos que comezabamos falando: cultura, coñecemento e entretemento.

De algúns xa podedes disfrutar accedendo aos enlaces da barra debaixo do título. Outros irán aparecendo. E SEMPRE estaremos dispost@s a escoitar novas propostas que botedes en falta. 

Así que PARTICIPADE! 

Construamos xunt@s, entre tod@s, 

a NOSA BIBLIOTECA!

Deixámosvos un pequeno xogo  no que precisaredes facer búsquedas polo blogue para familiarizarse co seu contido. Agardamos que o disfrutedes!


mércores, 21 de outubro de 2020

PREMIOS ASTRID LINDGREN

 
Os premios de Literatura Infantil e Xuvenil que levan o nome da famosa escritora de Pippi Calzaslargas ven de facer pública a súa lista de nominad@s . 

E entre as 263 candidaturas de 69 países distintos, atopámonos coa candidatura ás Bibliotecas Escolares de Galicia e a Paula Carballeira. Dúas candidaturas galegas entre as cinco españolas. 

Unha candidatura moi merecida pola que dende a nosa biblio queremos darlle a noraboa! 

xoves, 15 de outubro de 2020

NOTICIA!! SOMOS "BIBLIOTECA CREATIVA"!

 Alégranos informavos de que somos un dos 25 centros seleccionados de toda Galicia para incorporarse este ano ao programa de “Bibliotecas Creativas”. 

Este programa de innovación da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nace co fin de apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación e aportará recursos ao centro para tal fin, o que é unha moi boa nova.

Preme na imaxe para acceder á Resolución ;)


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

martes, 13 de outubro de 2020

RELATOS DE MEDO POLO SAMAÍN

 Boas a tod@s! 

Vimos desta volta cunha proposta de cara ao Samaín... para alumnado, profesorado e familias!! 

Rebuscade nos vosos medos, nesas historias que fan tremer dende a punta do dedo gordo do pé ata a do pelo máis longo da cabeza... poñédevos creativ@s e... A ESCRIBIR!

Agardamos os vosos relatos, que poden vir decorados do xeito máis fantasmagórico posible, cos que faremos unha presentación recopilatoria que publicaremos no blogue. 

Para iso, facédelle unha foto ben clariña, na que se vexa ben a vosa presentación e enviádea ao correo bibliooutes@gmail.com 

DATA LÍMITE PARA O ENVÍO DOS RELATOS: MARTES 27 DE OUTUBRO Á MEDIANOITE!

Animádevos! Agardamos os vosos relatos!


RECURSOS

Aproveitamos tamén para deixarvos uns recursos 
que podedes pedirlle ao profesorado para que os leven á aula!

Contos para tremer de medo a disposición na Biblioteca para que collan os mestres e mestras...
Premede na imaxe para acceder ao taboleiro e poder ver cales son os fondos dispoñibles.


E curtas das que quitan a respiración...
Premede na imaxe para acceder ao taboleiro cos enlaces directos ás curtas.

domingo, 4 de outubro de 2020

Homenaxe a Quino a través de Mafalda

 
Esta fin de semana recibimos a triste noticia do pasamento do debuxante Quino. 

Creador de Mafalda, esa marabillosa personaxe feminista, pacifista e crítica co mundo dos adultos. Unha incansable pensadora que espertou a simpatía de todo o mundo, dando leccións en cada viñeta, sempre dende o humor intelixente e a crítica social. 

Como non cremos que poida haber mellor homenaxe para un debuxante que ler e reler as súas historias, deixámosvos este fantástico documento no que ademais de presentarnos ás personaxes dos álbums de Mafalda, nos permite acceder aos mesmos para a súa lectura pinchando nos libros das estanterías. 

Premede na imaxe para acceder ao documento, 
despois pinchade en algún dos libros da portada
 e a desfrutar das ocurrencias da marabillosa Mafalda. 

*QUEDARAVOS TAMÉN NA PÁXINA DE BIBLIOTECAS VIRTUAIS, DEBAIXO DA CABECEIRA, 
ONDE PODEREDES ATOPAR ESTAS E OUTRAS LECTURAS DAS QUE ESPERAMOS DEDES BOA CONTA ;)

Boa viaxe Quino!