mércores, 22 de decembro de 2021

PARABÉNS Á COMUNIDADE E FELICES FESTAS

 Moitas grazas a tod@s polos parabéns recibidos a causa das última boas novas recibidas.

Compartímosvos os recibidos do Conselleiro de Educación. PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!

E... FELICES FESTAS! 🌟

mércores, 15 de decembro de 2021

VOLUNTARIADO CARA UNHA BIBLIOTECA MÁIS INCLUSIVA

Hai uns días conmemorábamos o Día Internacional das persoas con diversidade funcional e presentábamosvos algunhas novidades bibliográficas nas que se incluían materiais adaptados en Braille, con pictogramas ou, simplemente, que afondaban na temática da inclusión.

Ben, pois ese non é o único camiño que percorremos para facer da nosa biblioteca un lugar máis inclusivo. Os colaboradores e colaboradoras de 6°B veñen de aprender a manexarse con algunha aplicación web na que descargar pictogramas e así poder acompañar as diferentes seccións da biblioteca cunha imaxe representativa que axude a todo o alumnado a acceder aos libros que desexa. 

Por agora iremos nomeando algunha estantería pero xa hai a proposta de escoller algúns dos libros máis lidos e facer unha pequena adaptación con pictogramas. 

En Outes, camiñamos cara a inclusión!

martes, 14 de decembro de 2021

RECOÑECEMENTO NO VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

NOVO PREMIO no VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta. 

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€. 

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! 🥰🎉

martes, 7 de decembro de 2021

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

 Colaborador@s, es@s peques indispensables do equipo da biblio. 

Hoxe colocación de devolución de préstamos, ordenación e sinalización de libros según lingua galego/castelán e nivel lector.

Aprendendo á vez que fan unha gran labor de voluntariado cultural 🌟

GRAZAS 🌻

sábado, 4 de decembro de 2021

PREMIO NO CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

ESTAMOS DE NORABOA! 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de publicar a Resolución do “Concurso Estatal de Buenas Prácticas en centros docentes” no que o noso PDI “Mens sana in corpore sano” foi recoñecido como proxecto de mellora da calidade educativa, e premiado cunha dotación de 10.000€.

Moi felices, porque este premio é un gran recoñecemento ao traballo de todo o alumnado e persoal do centro e no que a implicación das familias resultou clave para o seu desenvolvemento. 

Seguimos no camiño, moito traballo, pero a ilusión e as ganas son un gran motor! 
NORABOA DE NOVO Á TODA A COMUNIDADE

venres, 3 de decembro de 2021

Día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade

Por iso desde hoxe no cole quixemos poñernos na pel das persoas con diversidade funcional e ser conscientes dalgunhas das súas dificultades. A proposta do Equipo de Convivencia organizouse un circuito para poder experimentar as barreiras ás que se enfrentan estas persoas a diario empregando unha cadeira de rodas, muletas, antifaces ou unha silla anfibia.


Ademais dende a biblio presentamos unha selección de libros adaptados de lectura fácil con pictogramas ou Braille, para que todas as persoas poidan acceder á lectura.

Temos que agradecer enormemente a Cruz Roja Noia o préstamo do material e que desprazaran dous vehículos adaptados para que puidéramos coñecer o seu funcionamento.

mércores, 1 de decembro de 2021