martes, 23 de febreiro de 2021

24 de febreiro. Día de Rosalía (II)

 A@s nos@s maiores...

O 24 de febreiro, como todos/as sabemos, é o aniversario do nacemento da nosa gran poetisa, Rosalía de Castro, polo que se celebra o Día de Rosalía.

Con ese motivo, e a proposta do equipo de Dinamización da lingua, nenas e nenos do noso centro, levaron a cabo un recital con algúns dos seus poemas.  

Queremos adicar este recital a toda a comunidade educativa e, de maneira moi especial, a todas as persoas maiores do Concello.

Unha aperta e moita saúde para todos/as!!



24 de FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA (I)

 O noso profe Insua foi descansar un rato, pero non desconecta do cole! Mirade que materiais chulos nos envíou para lembrar a vida e obra de Rosalía. 

Moitas grazas Insua! Agardámoste polo cole en canto esta situación nos deixe disfrutar a tope da túa compañía 😀

sábado, 20 de febreiro de 2021

ZOOTROPO

Fermoso vídeo sobre a experiencia científica, que levaron a cabo Antía de 3ºB e Ignacio de 6ºB coa súa familia, en resposta á proposta polo Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Moitas grazas pola vosa participación!!


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

xoves, 11 de febreiro de 2021

11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER E A CIENCIA NO PROXECTO DE CENTRO

 Comezamos esta entrada mostrándovos a exposición que fixemos para poñer en relevancia o papel de distintas mulleres relacionadas coa ciencia nos eidos do proxecto que estamos a levar a cabo no cole. 

Foi moi interesante achegarnos a todas estas figuras e seguir a facer xustiza histórica con moitas que non recibiron o recoñecemento que se merecías polo simple feito de ser mulleres. 

Neste enlace podedes ver a visita das clases á exposición: VISITA Á EXPOSICIÓN

Loitando porque iso non siga ocorrendo, e que a ciencia sexa de todos e todas, deixámosvos a nosa particular reivindicación.

11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. RECURSOS E PROPOSTA

 Pois tal e como di o título comezamos con unha oferta de recursos remataremos cunha proposta para achegarvos á ciencia en familia.

En primeiro lugar tedes na biblio unha exposición con fondos de grandes mulleres da ciencia ás que a historia non lles fixo xustiza, pero que agora se recollen nestes fermosos libros, para aínda que tarde poidamos achegarnos aos seus asombrosos traballos.


Podedes visionar tamén este fermoso vídeo que reflexiona sobre esa situación que viviron centos de científicas ao longo da historia.


E para ter referentes e coñecer disintas disciplinas científicas podedes visionar os vídeos desta lista de reproducción en Youtube. Para acceder PREMEDE NA IMAXE!



E AGORA A PROPOSTA!...

Propoñémosvos de novo que busquedes gafas e bata para convertirvos en auténticos científicos e científicas. Premendo na imaxe que vos deixamos a continuación accederedes a unha proposta de realización de experimentos e posta en práctica do método científico.
premer na imaxe para acceder á páxina

Se vos apetece podedes enviarnos a bibliooutes@gmail.com algunha foto da experiencia e serán publicadas no blogue. 
ANIMÁDEVOS, ENCANTARÍANOS QUE AS COMPARTIRADES!


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

luns, 8 de febreiro de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO

 Pois si, as colaboradoras e colaboradores seguen traballando arreo para deixar a biblio fantástica para cando poidamos usala. 

Xa comezaron a mover fondos despois de montar moitos dos mobles novos. 

Fantástico! A seguir así!! 

luns, 1 de febreiro de 2021

Día da Paz no PDI: REFLEXIÓN SOBRE O DEREITO Á SAÚDE

 Tal e como comeza o noso traballo... 

PORQUE É IMPOSIBLE VIVIR EN PAZ 

SEN GARANTIR O ACCESO UNIVERSAL A UNHA ATENCIÓN 

SANITARIA UNIVERSAL E DE CALIDADE...

...a proposta de traballo para este día dende a biblio, e contribuíndo ao proxecto que estamos levando a cabo, era a de facer un dossier protesta onde se evidenciara a cantidade de vulneracións que sufre o dereito á saúde cada día e arredor de todo o mundo. 

Deixámosvos un dossier plagado de exemplos e sabias reflexións das nenas e nenos que vos convidamos a visionar con calma. 


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


(NOTA: Se pinchades nos 3 puntos desplegarase un menú que permitirá ver a presentación en pantalla completa. Recomendado!)