xoves, 27 de maio de 2021

PRESENTACIÓN LITERARIA: PITIFÚ NO CASTELO. ALUMNADO 6ºA EI

 Hoxe traemos de novo outra presentación literaria moi especial xa que se trata da presentación dun libro de autoedición do cole! 

"Pitifú no castelo" é o novo conto da biblio escrito e ilustrado polo alumnado de 6ºA de Ed. Infantil. 

Deixámosvos o vídeo para que coñezades este conto de man d@s seus creador@s. 

 E lembrade que podedes collelo na biblio para a súa lectura!! 

martes, 25 de maio de 2021

Resultamos seleccionados na proposta CREAcción Día do Libro 2021

Esta semana recibimos tamén a nova de que fomos uns dos 20 centros seleccionados para recibir un lote de libros gracias á proposta “Pegadas literarias” con motivo de CREAcción polo Día do Libro 2021 

 

luns, 24 de maio de 2021

NOVA CONEXIÓN LECTORA CO CENTRO DE DÍA

Nova sesión de contacontos para @s usuari@s do centro de día. Desta volta Iván e Joel leron “Avós”, un fermosísimo e entrañable conto de @kalandrakaeditora
Iremos de visita en canto se poida!💚

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


venres, 21 de maio de 2021

PRESENTACIÓN LITERARIA: A MORDIDA DO VAMPIRO. ALUMNADO 6ºB EI

 Hoxe traemos unha presentación literaria moi especial xa que se trata da presentación dun libro de autoedición do cole! 

"A mordida do vampiro" é o novo conto da biblio escrito e ilustrado polo alumnado de 6ºB de Ed. Infantil. 

Deixámosvos o vídeo para que coñezades este conto de man d@s seus creador@s. 

 E lembrade que podedes collelo na biblio para a súa lectura!! 

xoves, 20 de maio de 2021

SEGUIMOS DE CELEBRACIÓN CON 2 NOVOS RECOÑECEMENTOS!


É de novo moi grato para nós comunicarvos que recibimos dous novos recoñecementos de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Por un lado, unha vez valoradas as candidaturas presentadas, fomos un dos 4 centros seleccionados de toda Galicia aos que se lle concedeu o “Selo de Biblioteca Escolar Solidaria”. Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar. 

O centro recibirá o selo, un diploma acreditativo e unha asignación de 1500€ que deberá ser destinada “a actividades da biblioteca escolar con implicación das familias, no contexto dos obxectivos da Axenda 2030 da ONU, de desenvolvemento sustentable”.

Por outra parte, fomos tamén un dos 10 centros seleccionados das 62 memorias presentadas, do programa “Voluntariado de lectura-A”, grazas ao traballo dos colaboradores na biblioteca e nas “lecturas solidarias”. 


Neste caso recibimos 600€ de dotación para un obradoiro co alumnado colaborador que terá lugar os próximos días con Paola Guimeráns. 


Todos estes recoñecementos veñen a dar respaldo ao traballo realizado por toda a comunidade e revertirá na mellora da calidade educativa do centro. 


Queda moito por facer, pero ilusión e ganas non nos faltan! 

Seguimos!

mércores, 19 de maio de 2021

ÚLTIMA QUENDA DE LECTURAS PARA O COLE, PERO.. RETOMAREMOS SEGURO!

Anxo, Iván e Ramón pecharon o ciclo de lecturas solidarias para @s peques do cole o mércores pasado co “Grúfalo”
Gustounos tanto que auguramos próximas edicións!! 🧡


Retomaremos!!
porque nos encantou intercambiar lecturas

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 "Cun ratiño unha vez fun universo"

Xela Arias - Darío a diario (1996)

Día das Letras Galegas 2021 adicadas a unha muller valente e independente que se foi prematuramente e que defendía que a poesía había que vivila  e sacala ás rúas. Podedes visitar este ENLACE para coñecela de preto, merece a pena!


E con motivo desta celebración damos difusión con gran alegría os traballos presentados ao III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio" e que comparten temática en torno ao Día das Letras Galegas e a súa adicación a Xela Arias.


“No Berce da Lingua” 

Alumnado e familias de 5ºA, 6ºA, 6ºB Ed. Infantil e 1ºA e 1ºB Ed. Primaria

“No Berce da Lingua” é unha homenaxe ás nosa familias é a súa decisión de falarnos en galego. Unha homenaxe as primeiras palabras de mamá e papá, aos arrolos no colo, aos primeiros sonidos que emitimos... un tributo á lingua e aos vínculos que establecemos con ela desde o berce.


“Xela Arias, Retazos” 

Alumnado de 4ºA Ed. Primaria

“Xela Arias, retazos” é unha biografía da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 que pon o foco no nexo emocional entre a biografía e obra da autora e o alumnado que realiza este proxecto radiofónico. Deste xeito destácase aquilo que nos vincula por idade, historia e identidade coa poeta.

Grazas á Banda da Loba polo permiso para empregar a súa fermosa música


“Lorca e os seus seis poemas galegos” 

Alumnado de 5ºB Ed. Primaria

A elección da temática para este podcast naceu do tratamento da poesía dentro da materia de Lingua Galega: durante o curso traballamos diferentes poemas de escritores e escritoras galegas como Rosalía de Castro ou Manuel María pero, a raíz do descubrimento de F.G. Lorca a través dunha unidade da materia de música dedicada á memoria histórica, quixemos saber máis sobre a escrita en galego deste autor, especialmente polo fondamente que nos marcou a súa historia persoal.

Grazas a Abe Rábade polo permiso para empregar a súa fermosa música


Agardamos que os disfrutedes moito!


xoves, 13 de maio de 2021

PREMIO NO III CONCURSO DE PODCASTS-RADIO NA BIBLIO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!🎉🎉🌟

Un dos traballos presentados ao III Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, de Bibliotecas Escolares de Galicia, foi un dos oito seleccionados entre traballos presentados de toda a Comunidade. 


O premio consiste na difusión do traballo na Radio Galega, a visita ás instalacións da mesma, e a dotación de 1000 euros (a investir en melloras do equipamento e infraestructura dunha futura radio vinculada á Biblioteca do Centro ou actividades relacionadas coa radio).

A convocatoria busca estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos enfocados a salientar a riqueza do patrimonio lingüístico galego.

A difusión do traballo farase en torno ás datas de celebración das Letras Galegas, e ata ese momento non podemos compartilo, pero estaremos encantad@s de facelo en canto se poida para que poidades desfrutalo. 

mércores, 12 de maio de 2021

Nova lectura! Sergio, marcos e Rubén leron “Un pesadelo no meu armario” de @kalandrakaeditora a@s peques do cole 💫

Encántannos os contacontos!!

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


venres, 7 de maio de 2021

COMEZAN AS LECTURAS CO CENTRO DE DÍA! 🌟

 O luns comezamos por fin coas lecturas ao Centro de Día. Que ganiñas tiñamos xa! Manu e Iker foron os encargados de deleitar a@s maiores con "A casa da miña avoa" de OQO editora. 

O mércores Zaira, Laura e Naiara leron todo un clásico a@s peques do cole! "Cocorico" e tod@s os seus amigos arrasaron coma de costume.

E o venres foi coma sempre o turno dos máis pequen@s. Neste caso foron Ignacio e Telmo os que compartiron "Catarina, o Oso e Pedro"de Kalandraka editora.

Estas lecturas están a ser todo un éxito!!

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


domingo, 2 de maio de 2021

"PEGADAS LITERARIAS". O intercambio

 Segunda parte da intervención "PEGADAS LITERARIAS"... O INTERCAMBIO. Recollida das pegadas literarias, consumando o intercambio cultural da xeografía lectora máis íntima da nosa comunidade. 

As nenas, nenos, familias... e demais persoas que forman a comunidade do centro, achegáronse a recoller as íntimas pegadas de outras persoas da comunidade. Xa houbo incluso quen se achegou á biblioteca municipal a polos libros que recomendaban esas pegadas.

Deixámosvos un emotivo vídeo no que podemos ver esta parte da intervención artística que foi posible gracias a TOD@S en maiúsculas. 

A unión da comunidade representada nesta acción artístico-literaria ❤️