venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN CON MEMORIA!


 
Programación completa para celebrar o Samaín no cole!

Taller de cabazas, visita nocturna á exposición e desfile de distraces... 💣


E na BIBLIOTECA... LECTURAS A ESCURAS DE RELATOS DE MEDO ANTIGOS! Relatos deses que se contaban ao carón das lareiras e que recollemos no marco do noso PDI "Temos raíces, temos ás. Outes con memoria"


FANTASMAGÓRICAMENTE DIVERTIDO!

martes, 25 de outubro de 2022

24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Coa nosa nova biblio en marcha, nenas e nenos soñaron alto para pensar zonas, equipamentos e posibilidades deste desexado novo espazo. 
E que mellor día que a festa das bibliotecas para recoller todos eses soños! 📚✨
E se de soños falamos, as compañeiras e compañeiros de 6º levaronos un paso máis alá. Mediron, levaron a escala, planificaron, xustificaron e hoxe… PRESENTARON OS SEUS PROXECTOS!! 

Agora queda un gran traballo por diante de análise de soños e proxectos para dar forma á nova biblioteca! 🥰

venres, 14 de outubro de 2022

PRESENTACIÓN PDI "TEMOS RAÍCES, TEMOS ÁS. OUTES CON MEMORIA"

Hoxe foi día de festa! Recibimos o novo proxecto deste ano “Temos raíces, temos ás. Outes con memoria” 💚

Cumprimos 50 anos e queremos falar da nosa historia da man das emocións. Recuperar as historias das persoas da nosa comunidade e aprender das nosas raíces para poder voar coas nosas ás.
As colaboradoras e colaboradores de 6º foron s encargados de conducir o acto. Leron unha emotiva carta que nos trasladaba distintas claves do proxecto tras o que visionamos o vídeo introductorio. 

Despois entregaron un pequeno agasallo ás aulas que dará comezo ao proceso de investigación. 

Unha presentación moi emocionante 
que agardamos dea paso a un ano moi especial. 

#ceipoutesconmemoria

xoves, 6 de outubro de 2022

NOVO EQUIPO DE COLABORADOR@S!

 Primeira reunión co equipo de colaborador@s da biblio 22/23

Unha reunión que comezamos fóra para permitir o préstamo de outr@s compañeir@s e diafrutar da boa temperatura, e que rematamos na propia biblio para visualizar varios dos temas que tiñamos que tratar.

Nesta primeira reunión abordamos clasificación e organización dos fondos na biblio, organización e tarefas do equipo, programas da biblio e recollemos tamén a súa voz.

A idea era que comezaran o luns, pero están tan motivad@s que mañá xa teremos o luxo de contar coa súa colaboración! 💕

MOITAS GRAZAS CHIC@S! 💪🏾🤙🏾

luns, 3 de outubro de 2022

OBRADOIROS "LECTURA E FAMILIAS" DO 1º TRIMESTRE

 Xa temos a oferta dos obradoiros dispoñibles para o 1º trimestre dentro do programa “Lectura e familias”. Luxazo contar con Xosé Tomás, Imaxinatea Teatro e María Lado 🌟✨

Animádevos!