luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

 Hoxe inauguramos unha instalación artística baseada na obra de Chiaru Shiota que titulamos “Temos a chave”


Unha instalación que busca reflexionar sobre a responsabilidade individual e propia que cada un/unha temos na construción dunha convivencia pacífica en comunidade que se tece en rede.
Por iso a nosa rede recolle os compromisos individuais que escollimos cada unha de nós trala reflexión e que nos pemitiran vivir xuntas nesta comunidade que habitamos cada día. 


O noso desexo era poder abrir as portas para que puidérades vir visitala e incorporar o voso propio compromiso a esta rede pero as circunstancias desta semana fan que esto non poida ser (teremos ben seguro outras oportunidades).

Permanecerá un tempo na entrada do noso cole para recordarnos cada vez que pasemos por debaixo que “Temos a chave” para mellorar a convivencia.

Acción enmarcada no PDI Outes Sostible. ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e ODS 17. Alianzas para lograr os obxectivos

xoves, 27 de xaneiro de 2022

BENVIDA Á NOSA RADIO!

Hoxe foi un día histórico no noso cole. O día no que naceu a nosa radio! 📻 

Da man do programa "Radio na Biblio" de Bibliotecas Escolares de Galicia, e guiados por Javier Prado de Rede Espora, iniciamos a nosa andaina con esta marabilla de ferramenta didáctica. 

Ganiñas de comezar a sacarlle todo o proveito c@s peques e de que poidades escoitar o que o traballo coa nosa radio dará de si ✨ 
QUÉ ALEGRÍA!

martes, 18 de xaneiro de 2022

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Reunión do Club de Lectura, na que ademais de elexir a segunda lectura que compartirán fixeron unha selección en pequenos grupos para preparar unhas especiais reseñas que poderedes disfrutar en breve! 📚