venres, 25 de novembro de 2022

OUTES GRITA NON! Á VIOLENCIA DE XÉNERO

OUTES GRITA NON!
Á VIOLENCIA DE XÉNERO

E para conseguilo, traballamos todos os días nunha educación feminista, que respete os dereitos de todas e todos. 

#25N #NINUNHAMENOS

venres, 18 de novembro de 2022

RECOÑECEMENTO NO VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

O noso proxecto de centro "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro" recibe o PREMIO no VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.


Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta. 

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€. 

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! 🥰🎉

venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN CON MEMORIA!


 
Programación completa para celebrar o Samaín no cole!

Taller de cabazas, visita nocturna á exposición e desfile de distraces... 💣


E na BIBLIOTECA... LECTURAS A ESCURAS DE RELATOS DE MEDO ANTIGOS! Relatos deses que se contaban ao carón das lareiras e que recollemos no marco do noso PDI "Temos raíces, temos ás. Outes con memoria"


FANTASMAGÓRICAMENTE DIVERTIDO!

martes, 25 de outubro de 2022

24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Coa nosa nova biblio en marcha, nenas e nenos soñaron alto para pensar zonas, equipamentos e posibilidades deste desexado novo espazo. 
E que mellor día que a festa das bibliotecas para recoller todos eses soños! 📚✨
E se de soños falamos, as compañeiras e compañeiros de 6º levaronos un paso máis alá. Mediron, levaron a escala, planificaron, xustificaron e hoxe… PRESENTARON OS SEUS PROXECTOS!! 

Agora queda un gran traballo por diante de análise de soños e proxectos para dar forma á nova biblioteca! 🥰

venres, 14 de outubro de 2022

PRESENTACIÓN PDI "TEMOS RAÍCES, TEMOS ÁS. OUTES CON MEMORIA"

Hoxe foi día de festa! Recibimos o novo proxecto deste ano “Temos raíces, temos ás. Outes con memoria” 💚

Cumprimos 50 anos e queremos falar da nosa historia da man das emocións. Recuperar as historias das persoas da nosa comunidade e aprender das nosas raíces para poder voar coas nosas ás.
As colaboradoras e colaboradores de 6º foron s encargados de conducir o acto. Leron unha emotiva carta que nos trasladaba distintas claves do proxecto tras o que visionamos o vídeo introductorio. 

Despois entregaron un pequeno agasallo ás aulas que dará comezo ao proceso de investigación. 

Unha presentación moi emocionante 
que agardamos dea paso a un ano moi especial. 

#ceipoutesconmemoria

xoves, 6 de outubro de 2022

NOVO EQUIPO DE COLABORADOR@S!

 Primeira reunión co equipo de colaborador@s da biblio 22/23

Unha reunión que comezamos fóra para permitir o préstamo de outr@s compañeir@s e diafrutar da boa temperatura, e que rematamos na propia biblio para visualizar varios dos temas que tiñamos que tratar.

Nesta primeira reunión abordamos clasificación e organización dos fondos na biblio, organización e tarefas do equipo, programas da biblio e recollemos tamén a súa voz.

A idea era que comezaran o luns, pero están tan motivad@s que mañá xa teremos o luxo de contar coa súa colaboración! 💕

MOITAS GRAZAS CHIC@S! 💪🏾🤙🏾

luns, 3 de outubro de 2022

OBRADOIROS "LECTURA E FAMILIAS" DO 1º TRIMESTRE

 Xa temos a oferta dos obradoiros dispoñibles para o 1º trimestre dentro do programa “Lectura e familias”. Luxazo contar con Xosé Tomás, Imaxinatea Teatro e María Lado 🌟✨

Animádevos! 

sábado, 9 de xullo de 2022

DOSSIERES COLABORATIVOS PDI OUTES SOSTIBLE

 Os dossieres que vos presentamos a continuación recollen todas as propostas de mellora ás que podemos afiliarnos para adoptar hábitos de vida máis sostibles.

Estes dossieres foron feitos de xeito colaborativo entre todo o alumnado do centro e como podedes observar diríxense a tres públicos distintos: cidadanía xeral, institucións públicas e tecido empresarial.

Premede nas imaxes para acceder aos mesmos 👇

DOSSIERES



DOSSIER 
CIDADANÍA
DOSSIER 
INSTITUCIÓNS 
PÚBLICAS
DOSSIER
TECIDO
EMPRESARIAL

Agardamos que sexan de moita utilidade!

venres, 8 de xullo de 2022

FEIRA OUTES SOSTIBLE

E despois de tanto secretismo para non desvelar nada do que estabamos a preparar e que puidesedes desfrutrar de todas as sorpresas que tiñamos preparadas na feira, chegaron os día grandes do noso proxecto "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro"! 

A FEIRA "OUTES SOSTIBLE"

A feira foi organizada en dúas quendas:

Unha primeira quenda para o alumnado, coa finalidade de que puidese acceder de xeito cómodo ao traballo de todos os compañeiros e compañeiras e facer unha práctica levando os stands que nos serviu de gran ensaio xeral. 


E unha segunda quenda pública na que foi unha marabilla por fin poder convidar ás nosas familias, veciñanza, e outras persoas convidadas ás que lle agradecemos a súa asistencia: asociación abisdismur, instituto, concello, Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia... 


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS POR VIR 
E COMPARTIR ESTE DÍA TAN ESPECIAL CON NÓS!

luns, 4 de xullo de 2022

PROCESO DE PREPARACIÓN E MONTAXE DA FEIRA

Levamos moito tempo sen desvelar certas cousas nas que estamos a traballar, pero para montar a feira que puidemos disfrutar foi moitísimo o traballo abordado ao longo do curso. 

Así que hoxe vimos para contarvos de xeito MOI, MOI resumido en que andivemos traballando!

Investigación e diagnóstico da situación. Investigamos aspectos diversos relacionados coas nosas liñas, os ODS 2030 que abordamos, a que fan referencia, preparamos enquisas para a comunidade, fixemos o estudo estadístico e traballamos ese datos á par da información coa que contabamos.


Con toda esa información traballamos sobre a proposta de liñas de mellora que recollemos en 3 dossieres para a cidadanía, institucións públicas e empresas. 

De xeito gráfico tamén plasmamos esas melloras en INFOGRAFÍAS, para as que tivemos que facer un estudo previo desta tipoloxía textual


En base a toda esta análise iniciamos un proceso de prototipado a través da metodoloxía Design Thinking, na que tivemos que empatizar coas necesidades que observabamos para crear solucións tecnolóxicas que abordasen a mellora desas problemáticas. 


Aquí discurrimos moitísimo sobre as funcionalidades dos nosos inventos, en base a que debían poñerse en marcha, que ía a poñerse a funcionar... É o que en linguaxe computacional se denomina INPUTS e OUTPUTS... iso xa volo contamos con calma nas casas 😉 

E ademais queriamos darlle vida a todo iso que maquinábamos e para iso empregamos dúas placas, a MAKEY-MAKEY e a MICROBIT, que programamos a través dos programas SCRATH e MAKE-CODE respectivamente. Aquí aprendemos moitísimas cousas novas, de programación e de electricidade/electrónica, que primeiro tiveron que aprender o profesorado coa axuda de Paola Guimeráns... Porque menuda "enjundia". 

Unha parte xenial deste proceso, foi que como @s maiores aprenderon moito máis rápido estas cousas, despois viñeron aos cursos d@s peques a ensinarnos e axudarnos. UN PROCESO COLABORATIVO en toda regla!


E con toda a información recabada, os deseños dos nosos prototipos e as maquetas dos mesmos... TOCABA PREPARAR OS NOSOS STANDS NA FEIRA!


O resto da historia xa a coñecedes! E si, como nos dixéchedes moitas veces na feira, traballamos moito e aprendemos moito, pero o mellor foi que o fixemos con alegría e que por fin o puidemos compartir con vós en directo! 
OUTES SOSTIBLE
Cidadás do presente para o futuro

venres, 17 de xuño de 2022

UN MUNDO DE CONTOS NA RADIO

 Por fin fomos quen de convocar ás familias que nos agasallaron con contos do máis internacional polo Día da Narración Oral coa finalidade de perpetuar eses contos na radio. 

Podedes ver como foi aquel fermoso día no seguinte enlace https://bibliooutes.blogspot.com/2022/03/un-mundo-de-contos-polo-dia.html

O alumnado de 1ºA foi o encargado de levar as entrevistas e fixérono xenial!

Aquí os tedes! 

Disfrutádeos tanto como o fixemos nós en directo!!

venres, 3 de xuño de 2022

Obradoiro LIBROS DE FAMILIA con PABLO OTERO coas familias

Tardes que pasan voando. Esa foi a sensación que nos quedou cando finalizou o obradoiro "Libro de familia" con Pablo Otero.

E estas son algunhas das fermosas creacións realizadas neste interesante obradoiro. Libros de artista e obxecto cos que é preciso empregar os 6 sentidos como nos dicía Pablo, rachando coa idea tradicional de libro para contar historias dun xeito moi distinto! 

Esperamos non tardar moito en repetir a experiencia!
Moitas grazas Pablo! E, por suposto, moitas grazas familias!

luns, 30 de maio de 2022

O AZUCRE NO ORGANISMO

Manuel e Cayetano de 6º A prepararon un traballo sobre a cantidade de azucre que as persoas deben tomar e o perxudicial que é éste no noso organismo. Ademáis, aproveitando que Natalia (nutricionista de Nutri Coles) estaba no centro, realizáronlle unha entrevista.

xoves, 26 de maio de 2022

O ALUMNADO DE 3º PRESENTA O SEU PROGRAMA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO NA RADIO

 Ao longo destas semanas o alumnado de 3º de Primaria elaborou un interesante programa sobre a paisaxe nas distintas etapas do camiño. 

Deixámosvos os seus episodios para que poidades disfrutalos:

martes, 24 de maio de 2022

"ABRAZAS AS PALABRAS" OBRADOIRO DE CHARO PITA COAS FAMILIAS

 Que tarde tan amena pasamos hoxe no obradoiro "Abrazar as palabras" con Charo Pita.

Momentos para compartir en familia e deixarse levar por ese ambiente que creou Charo a partir das palabras. Rima, musicalidade, silencios... todo vale para crear un clima óptimo para o conto!

mércores, 18 de maio de 2022

PRIMEIRO OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING COAS FAMILIAS

Unha tarde marabillosa pilotada pola profe Leti na que se fixeron fermosas libretas que veñen para convidar a escribir e crear deixando que a nosa imaxinación tome forma, para recoller as nosas vivencias... ou para facer listas da compra en familia!

martes, 17 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Vídeo elaborado conxuntamente polo CEIP de Outes e o IES Poeta Añón para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2022 coa coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua. 

mércores, 11 de maio de 2022

TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN

 Hoxe desfrutamos do espectáculo “Toupiciencia Show” de A xanela do MaxínUn espectáculo de clown e ciencia no que reflexionamos sobre o método científico, a importancia de observar e ser riguros@s cando de ciencia se trata ou das posibles aplicacións de distintos fenómenos químicos e físicos. Aínda que sobre todo pasamos un rato estupendo no que nos rimos un montón gracias ao gran Protonio. 

E ademais fixémolo estreando o espazo en proceso da nova biblio! Mañá de emocións 🌟

xoves, 5 de maio de 2022

SEGUIMOS COS OBRADOIROS DE XESTIÓN TÉCNICA NA RADIO E PROGRAMAS PDI OUTES SOSTIBLE

Estas dúas semanas chegou tamén o turno de que o alumnado de 5ºEP impartise o obradoiro de “Xestión técnica da radio” para o alumnado de 4ºEP e compartisen todo o aprendido con Denís de Rede Espora.


Deixámovos os interesantes programas resultantes destes obradoiros.


Fomentando a autonomía na radio! 

martes, 3 de maio de 2022

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE MARCAPÁXINAS CON SCRAPBOOKING II

 Grandes e pequen@s desfrutaron destes 12 obradoiros de marcapáxinas scrapbooking, impartidos polo alumnado de 4ºEP con axuda da profe Leti.

Unha actividade que complementa as lecturas que o voluntariado de lectura ofreceu ao longo de todas estas semanas e que pon fin á celebración do mes do libro! 💖

luns, 2 de maio de 2022

FORMACIÓN EN IMPRESIÓN 3D

 Impresión 3D! Segue chegando equipamento para a nova biblio e da man do mesmo a formación precisa para sacarlle o máximo rendemento. 

mércores, 27 de abril de 2022

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE MARCAPÁXINAS CON SCRAPBOOKING

E neste “Mes do Libro” no noso cole, ademais das lecturas de agasallo que se están a levar a cabo, o alumnado de 4ºEP participou nun Obradoiro de Marcapáxinas a cargo da profe Leti, onde tivo a ocasión de estrear parte dese equipamento que está a chegar para a nova biblio e que nos abre un mundo de posibilidades! 🌟 

O Scrapbooking permitiranos facer marcapáxinas coma estes, pero tamén decorar as nosas cartas, portadas de libros, traballos, facer diarios... fomentando oportunidades creativas e o gusto polas boas presentacións! 💖

Ademais nos próximos días será este alumnado o encargado de pilotar o obradoiro para o resto do cole! Que gran responsabilidade! 🔝

martes, 26 de abril de 2022

PRESENTACIÓN DOS POLOS CREATIVOS

 O CEIPP de Outes convidado á presentación dos Polos Creativos. Un programa cun orzamento de 8.000.000€ no que entrarán en primeira convocatoria 220 centros de toda Galicia. Os polos creativos chegan coa finalidade de ser un gran apoio para a ensinanza STEM (tratamento integrado das Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Dende o noso centro presentaremos proxecto para intentar acceder a esta gran posibilidade que apoiará os soños nos que xa estamos a traballar proxectados nese novo e incrible espazo, e que supón un gran incremento de oportunidades para o noso alumnado.

venres, 8 de abril de 2022

ANGELES ALVARIÑO. COÑECER OS REFERENTES

 Charla para o alumnado de Infantil sobre a biografía de Ángeles Alvariño. Coñecer referentes da man de Enrique Mauricio e coas ilustracións de Tania Solla. 

Unha charla enmarcada no Proxecta “Donas de sí” e na liña de investigación de Ed. Infantil sobre igualdade dentro do PDI “Outes Sostible” 

luns, 4 de abril de 2022

luns, 28 de marzo de 2022

VOLUNTARIADO DE LECTURA

 Hoxe deu comezo o Voluntariado de lectura, e non nos puido gustar máis compartir lecturas! 

Durante o mes de abril, mes do libro, @ alumnado voluntario da biblio fará lecturas variadas para o público de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria dentro do cole e para @s peques do PAI (punto de atención á infancia) por videoconferencia.

xoves, 24 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE XESTIÓN TÉCNICA DA RADIO e PROGRAMAS PDI OUTES SOSTIBLE

 Charla-obradoiro de radio con Denis de @redeespora coa finalidade de fomentar a autonomía do alumnado na xestión técnica da radio e polo tanto no seu uso.

Uns obradoiros nos que o alumnado de 4º e 5º puideron achegarse ás posibilidades da radio e a distintas cuestións técnicas, e nos que o alumnado de 5º tivo a oportunidade de facer a proba práctica a cambio de comprometerse para ser os guías no proceso de iniciación á xestión técnica do alumnado de 4ºEP. 

Uns obradoiros para os que o alumnado debía levar un guión sobre o que facer a práctica e para o que aproveitaron para dar forma a parte da investigación que están a facer no marco do PDI.

Deixámosvos os programas xa que son de gran interese!

Grazas Denís, pola atención, os recursos e o bo facer.

mércores, 23 de marzo de 2022

CIENCIA NO TECNOLAB

 O alumnado de 4°A visitou o Tecnolab despois de investigar sobre as propiedades conductoras de distintos materiais. Unha vez detectados que materiais podían conducir a electricidad, construíron un circuíto eléctrico empregando limóns, moedas de cobre, tornillos de cinc e cables de cocodrilo.

O de 4ºB pola súa banda andiveron vivenciando as mesturas homoxéneas e heteroxéneas e o proceso de filtración.

martes, 22 de marzo de 2022

PAREDES

 Xa temos parede divisoria entre os estudos de televisión e de radio!!🔥 

Historias de cando unha parede nos enche de ilusión 🌟

luns, 21 de marzo de 2022