martes, 30 de novembro de 2021

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas... e no cole enteiro! 

O Club de Ciencia do cole estreouse con propostas de experiencias en relación coas propiedades da auga e do aire. 

E na biblio puidemos ler ciencia! 


xoves, 25 de novembro de 2021

"ZAPATOS ROJOS" contra a violencia de xénero

 As voces do noso alumnado en contra das violencias de xénero. 

Unha instalación artística baseada na obra de Elina Chauvert, “Zapatos rojos” na que simbolizamos todas as violencias exercidas contra as mulleres. 

Proposta de Educación Infantil na que participa todo o centro no marco do PDI “Outes sostible”, no que o alumnado desta etapa traballa en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relacionados coa Igualdade de Xénero e a Reducción das desigualdades.

mércores, 24 de novembro de 2021

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 O Club de Lectura celebrou a súa primeira reunión! ✨

Nesta, falaron de varios libros, leron as súas sinopses e fixeron a escolla da súa primeira lectura. Se queredes saber cal é pasade foto! 

sábado, 20 de novembro de 2021

O NOSO PROXECTO NAS XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES!

 Pois as Xornadas de Bibliotecas Escolares remataron e foron fantásticas. 

Un luxo escoitar a grandes como Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e Paula Carballeira, mestr@s tod@s el@s da palabra.


Tamén tivemos oportunidade de escoitar experiencias fantásticas de outros centros e de compartir a nosa! 
Reflexionamos sobre a oralidade no marco do proxecto do curso pasado “Mens sana in corpore sano”. 

Moitas grazas a BIBLIOTECAS ESCOLARES polo convite 🌟

mércores, 17 de novembro de 2021

FORMACIÓN CON PAOLA GUIMERÁNS. DESIGN THINKING

Formación con Paola Guimeráns sobre Design Thinking, pensada para revertir de forma directa no proxecto de centro deste curso. 

Gran participación, implicación e marabilloso clima! Desfrutando de aprender🌟

PARA MÁIS IMAXES PREMER AQUÍ

venres, 5 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

Chegou o Samaín, e con el as lecturas máis terroríficas do ano! Lecturas terroríficas, pero tamén outras que nos axudan a falar dos nosos medos, a socializalos e facelos máis pequenos.

Así se atoparon esas lecturas na entrada da biblio... 👻


Eses medos foron recollidos nunhas tarxetas para a súa queima nun aquelarre no que incluso se recitou algún conxuro para facer a queima máis efectiva.

Ademais, ao longo de todo o mes, todas as aulas estiveron traballando nos deseños das súas cabazas para elaborar un texto instrutivo co que se convidou aos nenos e nenas a replicalas en familia e poñelas polas aldeas. Neste vídeo, elaborado polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, podedes pasar moito medo observando esas réplicas e algunhas outras de fantasmagóricos deseños.


MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN FAMILIAS!!

mércores, 3 de novembro de 2021

🌟🌟RADIO NA BIBLIO🌟🌟

Gran nova a recibida hoxe! Somos un dos 30 centros de nova incorporación ao programa Radio na Biblio! 

Grazas a este programa poderemos montar un laboratorio de radio, o que supón un novo gran enorme recurso!! 
MOI FELICES 💕