mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Sumámonos á iniciativa da Fundación Rosalia de Castro para conmemorar o día do seu nacemento e no comedor da nosa escola hoxe serviuse “Caldo de gloria”. 

Trátase dunha iniciativa inspirada no poema da autora titulado “Miña casiña meu lar” no que explica como facer un caldo de supervivencia como o que se facía en moitas casas nesa época. A versión do noso Caldo de gloria temos que agradecerllo a Loli, Tere e Nati.😘


Ademais o Día de Rosalía supuxo unha gran motivación para pasar pola radio! 

Xunto co recitado de "A miña casiña, meu lar" deixámosvos 3 novos podcast para honrar a nosa poeta máis querida. Dous recitais poéticos e un magazine de axenda cultural! Non volos perdades! 🎙💚

DÍA DE ROSALÍA II

Ademais nesta Semana de Rosalía de Castro na que conmemoramos o seu nacemento podedes visitar a Exposición con parte dos traballos na Casa da Cultura. O resto están repartidos por todo o comercio e hostelería do Concello.

Estes días o alumnado desprazouse ata a Casa da Cultura a ver algúns dos traballos realizados. Temos que agradecer ao Servizo de Normalización do Concello de Outes por esta proposta que nos achega á obra de Rosalía de Castro.

domingo, 20 de febreiro de 2022

ENTROIDO CHOQUEIRO

 ENTROIDO CHOQUEIRO! Por tradición e sostibilidade.

Vídeo de concienciación para o Entroido Choqueiro 2022 elaborado polo alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria na liña de traballo "CONSUMO RESPONSABLE" no marco do PDI "OUTES SOSTIBLE"

venres, 18 de febreiro de 2022

FORMACIÓN NO MARCO DO PDI!

 Xornada de formación con Paola Guimeráns.

Aprendendo a programar, o funcionamento das placas Microbit e Makey-makey, e a empregar estes recursos para a creación de proxectos. 

venres, 4 de febreiro de 2022

ESTREA DA RADIO!

 Nesta semana de contrastes e nervios no noso cole, a estrea da radio foi un paréntese de tranquilidade e alegría. Aproveitando que tivemos a honra de contar con Diana, profesional do medio, tod@s os grupos foron pasando pola radio a probar e a recibir nocións relacionadas co ton, a direccionalidade da voz, a entonación, distancia ao micro 🎙... Grazas Diana pola túa gran dispoñibilidade e entrega 💕Como nos gustou esta experiencia! Foi moi especial e sorprendente escoitarnos a través dos micros e os auriculares. Desexando poder repetir visita pronto c@s compas que non tiveron a oportunidade de estreala. 

Aquí podedes escoitar algún dos programas que fixemos nesta estrea: