Desta volta traemos pequenos experimentos que podedes facer na clase ou coa vosa familia.
A continuación podedes ver unha proposta para levalos a cabo seguindo estes pasos:
- Miramos de que vai o experimento. Neste caso sodes ao mellor as familias as que poderiades preparar previamente o experimento, para que @s nen@s sen saber exactamente o que vai pasar, poidan despois pensar as hipóteses.
- Escribimos as HIPÓTESES, é dicir, aquilo que cremos que vai ocorrer.
- Facemos o experimento
- Comprobamos que é o que ocorre
- Suliñamos a hipótese correcta, ou se ningunha o é, redactamos que foi o que pasou
- Por último rexistramos o texto instructivo do experimento. Materiais (aqueles utensilios empregados para levalo a cabo), reactivos (as sustancias coas que traballamos no experimento) e procedemento (os pasos que seguimos para levar a cabo o experimento de xeito ordenado).
Deixámosvos un modelo para facelo. Se podedes imprimilo, estupendo, e se non podedes, vale con que o escribades noutra folla calquera. É só para que vos sirva de guía.
Deixámosvos tamén enlaces diretos a experimentos que pensamos que poderiades levar a cabo con cousas sinxelas que teñades pola casa. Queda tamén ao final o enlace á páxina de EXPERCIENCIA onde podedes atopar multitude de propostas. Os seleccionados só o son por empregar reactivos fáciles de atopar na casa.
LISTADO DE POSIBLES EXPERIMENTOS:
- Con auga:
- Copas musicais
- Esculturas con xeo
- Arte e cor. Cromatografía con rotuladores
- O misterio da gota submarina
- Auga en movemento
- Con aire:
- Con alimentos:
- O ovo de goma
- Mans realmente limpas , ao alcance de todo o mundo e moi oportuno para estes días ⚡👐
- Outros:
Páxina completa por si queredes investigar:
![]() |
pincha na imaxe para acceder |
Ningún comentario:
Publicar un comentario