xoves, 24 de maio de 2018

O noso xornal


Como xa sabedes imos a editar o noso propio xornal do CEIP plurilingüe de Outes. Fixemos unha votación para elexir o nome do xornal entre os títulos propostos por cada aula. Recontamos os votos e saiu gañador cun total de 73 votos:

  


venres, 4 de maio de 2018

CONTACONTOS CON CHARO PITA

No día de hoxe visitou o noso cole a contacontos Charo Pita.

En tres sesións maravillosas contounos a todas as nenas e nenos do colexio unha chea de historias. Historias de animais da selva, de ratos, tartarugas, rás, dun neno chamado Óscar que tivo que coidar do seu irmán, ... historias e máis historias rodeados de libros na biblioteca.

Charo tamén nos adicou algúns libros dela que tiñamos no noso cole, que nos vindeiros días recorrerán as aulas para que todo o alumnado poida desfrutar das súas agarimosas palabras.

Aquí vos deixamos unha mostra do que foi esta xornada con ela e tamén algúns dos libros que lle serviron de soporte para o contacontos.


Moitas grazas Charo, deica outra!























mércores, 2 de maio de 2018

MÁIS xogos na ludoteca

Como xa sabedes incorporamos á ludoteca novos xogos de mesa. Hoxe  presentamos...



Érase una vez

Érase una vez é un xogo de cartas narrativo que fomenta a creatividade e a colaboración. Os xogadores crean xuntos unha historia, utilizando cartas que presentan elementos típicos dos contos de fadas, tales como Príncipes, Bosques ou fadas.








Chocolate fix

Xogo de inxenio para comelo.Usa as pistas para encher a bandexa cas nove pezas de chocolate nas súas posicións correctas.Os xogadores deben examinar todas as pistas na tarxeta de desafío antes de tomar unha decisión.


¡Rico rico!







Rush hour

Prepara o reto como indica a carta e loita no atasco para sacar o coche vermello, deslizando os vehículos que bloquean o seu paso. Ten catro niveles de dificultade,para que cada xogador avance ó seu ritmo.



NOTICIAS DE OUTES


Durante este curso fomos recompilando noticias que encontrabamos nos xornais relacionadas co noso concello. O noso mural  está exposto a entrada do colexio e  xa está cheo de noticias. Pasade cando  queirades a velas!