mércores, 27 de abril de 2022

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE MARCAPÁXINAS CON SCRAPBOOKING

E neste “Mes do Libro” no noso cole, ademais das lecturas de agasallo que se están a levar a cabo, o alumnado de 4ºEP participou nun Obradoiro de Marcapáxinas a cargo da profe Leti, onde tivo a ocasión de estrear parte dese equipamento que está a chegar para a nova biblio e que nos abre un mundo de posibilidades! 🌟 

O Scrapbooking permitiranos facer marcapáxinas coma estes, pero tamén decorar as nosas cartas, portadas de libros, traballos, facer diarios... fomentando oportunidades creativas e o gusto polas boas presentacións! 💖

Ademais nos próximos días será este alumnado o encargado de pilotar o obradoiro para o resto do cole! Que gran responsabilidade! 🔝

martes, 26 de abril de 2022

PRESENTACIÓN DOS POLOS CREATIVOS

 O CEIPP de Outes convidado á presentación dos Polos Creativos. Un programa cun orzamento de 8.000.000€ no que entrarán en primeira convocatoria 220 centros de toda Galicia. Os polos creativos chegan coa finalidade de ser un gran apoio para a ensinanza STEM (tratamento integrado das Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Dende o noso centro presentaremos proxecto para intentar acceder a esta gran posibilidade que apoiará os soños nos que xa estamos a traballar proxectados nese novo e incrible espazo, e que supón un gran incremento de oportunidades para o noso alumnado.

venres, 8 de abril de 2022

ANGELES ALVARIÑO. COÑECER OS REFERENTES

 Charla para o alumnado de Infantil sobre a biografía de Ángeles Alvariño. Coñecer referentes da man de Enrique Mauricio e coas ilustracións de Tania Solla. 

Unha charla enmarcada no Proxecta “Donas de sí” e na liña de investigación de Ed. Infantil sobre igualdade dentro do PDI “Outes Sostible” 

luns, 4 de abril de 2022