xoves, 27 de xuño de 2024

ENTREVISTA A UXÍA E TXELO DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA ESTEIRANA DE REMO

 A Asociación Deportiva Esteirana de Remo, concretamente Uxía e Txelo, achegaron este deporte e as actividades da súa asociación ao noso cole.

O alumnado do 3º ciclo tivo ademais a oportunidade de entrevistalas na nosa radio. 

domingo, 23 de xuño de 2024

Produtos audiovisuais e memorias de traballo do proxecto "Temos raíces, temos ás. O RÍO TINS"

 Ao longo deste curso levouse a cabo o PDI "Temos raíces, temos ás. O rio Tins" no que se abordaron moitos aspectos relacionados.

Deixamos nesta entrada o ENLACE Á MEMORIA DE TRABALLO DAS DISTINTAS COMISIÓNS, na que podedes ver tanto as temáticas abordadas como todo o proceso de traballo levado a cabo para a resolución das distintas problemáticas que cada unha abordaba.

Resultado de algunhas desas comisións son os seguintes produtos audiovisuais que tamén vos deixamos para que poidades disfrutalos en familia.

DOCUMENTAL "Temos raíces, temos ás. O RÍO TINS"


VIDEO "Plantas invasoras do río Tins"


Video Comisión de concienciación da Comisión de Recollida e Tratamento do lixo


Anuncio de concienciación para a recollida de excrementos no paseo do río Tins

Agardamos que os disfrutedes!

martes, 4 de xuño de 2024

VISITA DE ANGÉLICA SÁTIRO. FILOSOFÍA LÚDICA

Fin de semana moi especial na nosa escola. Tivemos a incrible oportunidade de contar coa presenza de Angélica Sátiro, unha verdadeira inspiración no mundo da educación. Angélica compartiu a súa sabedoría e paixón en varias sesións, realizando unhas sesións de Filosofía Lúdica  co noso alumnado de infantil e primaria que remataron en filuinstalacións. 

Ademais, o alumnado reporteiro realizoulle unha entrevista na radio que foi simplemente marabillosa.

A formación centrouse en temas tan profundos como a infancia das marxes, o empoderamento da infancia e o amor como bálsamo educativo. Estes temas fixéronnos reflexionar, emocionarnos e, sobre todo, motiváronnos a seguir construíndo unha contorna educativa reflexiva chea de amor e respecto.

Pola tarde do venres e o sábado pola mañá, o profesorado tamén tivo o privilexio de participar nunha formación que foi tan interesante como divertida e emotiva. A formación con Angélica resultou inspiradora enchéndonos de novas ideas para levar ás nosas aulas.

Queremos agradecer a Angélica Sátiro polo seu tempo e dedicación. Tamén, un enorme agradecemento ao Centro de Filosofía para Nenos e Nenas de Galicia por facer posible esta formación coa súa colaboración.

Estes momentos son os que nos lembran por que amamos tanto o que facemos. Sigamos empoderando aos nosos nenos e nenas con amor e filosofía! 💫❤️📚

#angelicasatiro #filosofialudica  #filupeques #CentroFpNGalicia #EducaciónConAmor #FilosofíaParaNiños #EmpoderamientoInfantil #EducaciónEmocional #AmorEnLaEducación

luns, 20 de maio de 2024

POESÍA DAS MULLERES DAS NOSAS LETRAS GALEGAS

 O alumnado de 4º Ed Primaria ofrécennos unhas lecturas da obra das únicas mulleres ás que se lle adicou o Día das Letras Galegas ao longo da historia. 

Escoitaremos a Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno e Xela Arias e Luisa Villalta. DISFRUTÁDEAS!

venres, 17 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024 - LUISA VILLALTA. RECURSOS

 Deixámosvos varios recursos para achegarvos á interesante figura homenaxeada nas Letras Galegas 2024: LUÍSA VILLALTA. Unha muller  intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista á que merece pena achegarse.

ENLACE A PRIMAVERA DAS LETRAS 2024. MATERIAIS DA REAL ACADEMIA GALEGA





luns, 13 de maio de 2024

Entrevista a Lulú (Lucía Insua), mestra en prácticas no noso centro

 Estes meses contamos con Lulú como mestra en prácticas nas aulas de Infantil. Foi un gustazo contar con ela e agora que segue o seu camiño fóra do centro aproveitamos para facerlle unha entrevista sobre a súa elección profesional e a súa estancia no centro. 

Grazas por todo Lulú!

venres, 10 de maio de 2024

ENTEVISTAS A Rebeca Saborido, pedriatra do Centro de Saúde de Outes

Recibimos a visita de Rebeca Saborido, pedriatra do Centro de Saúde de Outes, e aproveitamos para entrevistala, nunha charla do máis interesante! ESCOITADEA!

mércores, 8 de maio de 2024

venres, 22 de marzo de 2024

LUA QUERE CHEGAR A MARTE. A XANELA DO MAXÍN - E entrevista a Celtia!


 Celtia de A Xanela do Maxín ofreceunos a divertida e inspiradora historia de Lua quere viaxar a Marte. 

Ademais tivemos ocasión de entrevistala na radio e falounos do seu proceso ata rematar facendo do teatro a súa profesión.

luns, 11 de marzo de 2024

8M. Visita das mulleres da Portela Vella. O proceso de elaboración dos San Cosmeiros

 Recibimos con motivo do 8M a visita das mulleres da Asociación da Portela Vella que nos falaron do proceso de elaboración dos San Cosmeiros. Un arduo traballo que levan a cabo para manter viva este obxecto tan valioso da nos tradición.

Ademais tivemos ocasión de facerlles unha entrevista que podedes escoitar a continuación:

venres, 8 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE RADIO A CARGO DO ALUMNADO COLABORADOR

Obradoiro de radio a cargo destas fabulosas técnicas. Correu da sua conta a planificación, organización e preparación de materiais, a publicitación e hoxe a propia sesión de preparación para a grabación, que foi todo un éxito. 

Nestes podcasto podedes escoitar o resultado do mesmo, no que leron fragmentos de "Ellas" de Raquel Díaz Reguera e fixeron un posterior debate con motivo do 8M 💛✨

venres, 1 de marzo de 2024

VISITA CEIP CAMIÑO INGLÉS (SIGÜEIRO) e CEIP RAMIRO SOLÁNS (ZARAGOZA). PROGRAMA OBSERVA ACCIÓN

 Rematamos hoxe a participación do noso centro no programa ObservaAcción 23/24 acollendo ás representantes do CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro e CEIP Ramiro Soláns de Zaragoza.

Presentamos as liñas do Proxecto Educativo, os espazos do noso centro e vimos ao alumnado traballando nas propostas de libre circulación que cada ciclo prepara.

Ademais tivemos a ocasión de entrevistar ao seu director e directora respectivamente, que nos emocionaron coas súas palabras sobre o noso proxecto.

Podedes escoitala aquí!

mércores, 10 de xaneiro de 2024

FORMACIÓN DE RADIO E PROXECTO PLANTASÍAS


Formación un curso máis de Xestión Técnica da Radio a cargo de Denís de Rede Espora. Unha formación na que o alumnado tivo a oportunidade de ocuparse da parte máis complexa do funcionamento da radio, empoderándoos así para o seu uso totalmente autónomo.

Aproveitaron ademais para deixar para a posteridade as súas investigacións sobre a Flora autóctona da contorna no marco do proxecto Plantasías, no que tiveron oportunidade de entrevistar ás súas familias.

Unha proposta de que disfrutaron moito e que agora nos deixan para que disfrutemos nós!