martes, 4 de xuño de 2024

VISITA DE ANGÉLICA SÁTIRO. FILOSOFÍA LÚDICA

Fin de semana moi especial na nosa escola. Tivemos a incrible oportunidade de contar coa presenza de Angélica Sátiro, unha verdadeira inspiración no mundo da educación. Angélica compartiu a súa sabedoría e paixón en varias sesións, realizando unhas sesións de Filosofía Lúdica  co noso alumnado de infantil e primaria que remataron en filuinstalacións. 

Ademais, o alumnado reporteiro realizoulle unha entrevista na radio que foi simplemente marabillosa.

A formación centrouse en temas tan profundos como a infancia das marxes, o empoderamento da infancia e o amor como bálsamo educativo. Estes temas fixéronnos reflexionar, emocionarnos e, sobre todo, motiváronnos a seguir construíndo unha contorna educativa reflexiva chea de amor e respecto.

Pola tarde do venres e o sábado pola mañá, o profesorado tamén tivo o privilexio de participar nunha formación que foi tan interesante como divertida e emotiva. A formación con Angélica resultou inspiradora enchéndonos de novas ideas para levar ás nosas aulas.

Queremos agradecer a Angélica Sátiro polo seu tempo e dedicación. Tamén, un enorme agradecemento ao Centro de Filosofía para Nenos e Nenas de Galicia por facer posible esta formación coa súa colaboración.

Estes momentos son os que nos lembran por que amamos tanto o que facemos. Sigamos empoderando aos nosos nenos e nenas con amor e filosofía! 💫❤️📚

#angelicasatiro #filosofialudica  #filupeques #CentroFpNGalicia #EducaciónConAmor #FilosofíaParaNiños #EmpoderamientoInfantil #EducaciónEmocional #AmorEnLaEducación

Ningún comentario:

Publicar un comentario