venres, 13 de outubro de 2017

NOVAS INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Boas amiguiñas e amiguiños.

Como ben sabedes son Saisa, a mascota da biblioteca do CEIP plurilingüe de Outes.
Neste curso a miña biblioteca estivo pechada durante varias semanas para organizar novos espazos e novos materiais.

As mestras e mestres estiveron a organizar libros, estanterias, cambiaron os ordenadores de sitio, ... e actualizaron os libros que había dentro. Dixéronme que cos libros que quitaron fixeron unha proposta moi interesante, que xa vos contarei mais adiante. 

Tamén podo ver que agora hai mais nenos que veñen pola miña biblioteca, parece que agora no centro somos mais de 250 alumnos e alumnas, QUE PASADA!!!

Vouvos ensinar algúns dos espazos novos da biblioteca e tamén lembrar como debemos usalos.



 Na entrada temos unha estantería onde iremos colocando as novidades, tamén podedes ver os libros de buscar, os libros de RA (Realidade Aumentada) e os albums ilustrados en gran formato.




Esta é a zona de consulta. Aquí están os libros nos que podemos buscar información, para axudarnos a saber onde buscar podedes acudir á flor que hai colgada xunto a porta da entrada. Cada pétalo ten unha cor e uha etiqueta co número e nome das seccións. Nos lombos dos libros atoparedes etiquetas desas mesmas cores e co número que nos indica a que categoría pertence cada libro.
Os ordenadores podedes utilizalos para a a busca de información, e lembrade que tamén tedes unha tableta á vosa disposición que debedes pedirlle aos mestres e mestras que estean na biblioteca.
Aquí podedes atopar tamén unha mesa para facer traballos en grupo, buscar información nos libros, etc.




Esta é a zona de lectura para os máis pequenos, aquí están colocados os libros de educación infantil. Que teñen pegatina azul de narrativa, co número 82N. Sempre que esta zona estea ocupada por nenos pequenos os maiores deberedes buscar outros espazos na biblioteca, cando estea baleira poderedesvos sentar a ler nos sillóns.





Nas estanterías  desta zona tedes os contos e libros de narrativa, clasificados en tres cores:
- Etiqueta amarela: Primeiros lectores
Etiqueta verde: Lectores iniciados
Etiqueta vermella: Lectores avanzados.
Ao fondo están colocados os libros dos que existe mais de un exemplar para o uso na aula.
E tamén atoparedes libros de cómic, poesía e teatro.





Esta zona tamén é de lectura para os mais maiores, nela tede en conta que tedes que estar sen calzado para pisar a alfombra.




Xa para rematar preséntovos unha novidade deste curso: A LUDOTECA.
Está situada no primeiro piso, na aula de audiovisuais. Podedes ir a ela nos recreos, sempre que haxa alí un mestre ou unha mestra de garda. Atoparedes xogos como parchís, ocas, xadreces, dominós, xogos de estratexia, preguntas e respostas, ... Un sinfín de oportunidades de xogar con nenas e nenos de todo o centro.




ESPÉROVOS NA BIBLIOTECA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario