Comezamos esta semana coas lecturas dun programa no que levamos traballando un tempo preparando os contos que imos ofrecer a@s nos@s oíntes.
Dentro do programa de Bibliotecas Solidarias de Bibliotecas Solidarias de Galicia, pasaremos as vindeiras semanas facendo "Lecturas para dentro", ofrecendo contacontos a@s peques do noso cole, e "Lecturas para fóra", nas que os receptores dos nosos contos serán as nenas e nenos de 0 a 3 anos do PAI (Punto de Atención á Infancia de Outes) e a partir de Maio, a persoas do Centro de Día.
O luns, Aitor, Manu e Iker deleitaron a@s peques do cole co conto "A casa da miña avoa" de OQO editora.
O mércores, Pablo e Mateo deleitaron a@s peques do cole co conto "Os camiños das árbores" de La Fragatina.E o venres, Lucas e Dani regalaron a súa lectura a@s peques do PAI (Punto de Atención á Infancia de Outes) co conto "Sal e azucre" de OQO editora.
En todos os casos resultou ser unha marabillosa experiencia!
OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario