martes, 27 de marzo de 2018
O NOSO PROXECTO NA PRENSA
No seguinte enlace podedes ver como fala do noso proxecto anual La Voz de Galicia.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/outes/2018/03/13/colegio-outiense-vuelve-cantera-periodistas/00031520974340211358336.htm
xoves, 22 de marzo de 2018
AS POESÍAS SAEN Á RÚA
Para celebrar o día da poesía algúns nenos e nenas do CEIP de Outes sairon á rúa colocar diferentes obras que traballaron previamente nas aulas. Unha actividade que lle dá visibilidade a un texto as veces esquecido na sociedade e coa cal ademáis tiveron a sorte de desfrutar dun bonito día da recén inaugurada privamera.
Outros preferiron colocar as súas producións no interior do centro. Aquí vos deixamos as fotos.
martes, 20 de marzo de 2018
"LOU" CURTAMETRAXE
Compartimos con vós esta curtametraxe de animación que trata sobre o acoso escolar. Céntrase no patio dun colexio e o neno que se dedica a quitarlle os xoguetes e a molestar ós seus compañeiros. O neno terá que enfrentarse a Lou, un monstro que vive no baúl de obxetos perdidos e que lle dará unha boa lección de vida. Espero que vos guste!
xoves, 15 de marzo de 2018
Encontro con Antón Parada
O pasado martes 13 de marzo, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria tiveron un encontro con Antón Parada, xornalista da Voz de Galicia.
Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso, centrado no xornal, achegámonos á profesión de xornalista con estes encontros.
As alumnas e alumnos preguntaronlle as súas inquedanzas sobre a profesión e mostráronlle a habilidade que teñen adquirida para redactar noticias, logo de traballar durante dous trimestres nos diferentes textos integrantes dun xornal.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do encontro e a noticia publicada na Voz de Galicia no día seguinte.
martes, 6 de marzo de 2018
Día da muller traballadora
Durante esta semana voluntari@s de 5º e 6º curso pasaron polas distintas aulas na hora de ler para lerlles a biografía de mulleres que conseguiron vencer as barreiras e destacar en distintos ámbitos.
Na biblioteca tedes unha selección de libros sobre estas mulleres para que conozamos as súas historias e non sexan olvidadas: a primeira navegante, escritoras ou directoras dun xornal.
domingo, 4 de marzo de 2018
Visita da xornalista Ana Conde
No día de hoxe tivemos unha visita moi especial na escola. Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º tiveron un encontro con Ana Conde, xornalista.
Nesta semana na que celebramos o día da muller traballadora, ana é un exemplo de emprendemento, posto que montou un xornal nun concello limítrofe a Santiago de Compostela chamado Teo. De aí o nome do seu xornal: o TEOVIVO.
Hoxe Ana veu ata a nosa escola para contarnos en que consiste o seu traballo como periodista. Explicounos como fai o xornal, como consegue as noticias, as entrevistas, as súas seccións e sobre todo da importancia que ten para poder facer un xornal esperar a que pasen as cousas e logo andar a correr para lograr telas preparadas para publicar.
Xuntos redactamos noticias sobre o cole e puxémoslle as fotos utilizando os programas informáticos que Ana nos dixo que eran moi difíciles de aprender a utilizar.
Tamén lle fixemos moitas preguntas que tiñamos anotadas e que nos foran xurdindo ao longo dos días nos que puidemos ver varios exemplares do seu xornal.
Hoxe deixamos as fotos da actividade á espera de que ana nos envíe o que vai publicar sobre nós no mes de abril. Que nervios!!
xoves, 22 de febreiro de 2018
DÍA DE ROSALÍA 2018
Neste curso no centro unímonos á iniciativa proposta pola Fundación Rosalía de Castro e traballamos nas aulas o Caldo de glória.
A Fundación
Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o
“Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu
lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se
relata a épica diaria da supervivencia.
Moitos locais hosteleiros de todo o país (e máis alá) uniranse o 24 de febreiro a esta celebración, ofrecendo o ‘Caldo de Gloria’ como tapa nos seus establecementos. E desde a Fundación Rosalía convidamos a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes. Iso si, acompañándoo coa lectura de poemas rosalianos.
Por iso nós lemos nas aulas o citado poema de " Miña casiña, meu lar" que aquí vos deixamos.
POEMA ‘Miña casiña, meu lar’ (Rosalía de Castro)
Moitos locais hosteleiros de todo o país (e máis alá) uniranse o 24 de febreiro a esta celebración, ofrecendo o ‘Caldo de Gloria’ como tapa nos seus establecementos. E desde a Fundación Rosalía convidamos a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes. Iso si, acompañándoo coa lectura de poemas rosalianos.
Por iso nós lemos nas aulas o citado poema de " Miña casiña, meu lar" que aquí vos deixamos.
POEMA ‘Miña casiña, meu lar’ (Rosalía de Castro)
Miña casiña, meu lar,
cantas onciñas
de ouro me vals.
Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pé e perna,
sin comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar
i anque ganas tiña delas
non tiña para as pagar.
Nos mesóns arrecendía
a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro
sin elas ten que pasar.
Fun chegando á miña casa
toda rendida de andar;
non tiña nela frangulla
con que poidera cear.
A vista se me varría
que era aquel moito aunar.
Fun á porta dun veciño
que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa
e non ma quixo emprestar.
As bagullas me caían
que me fora a avergonzar.
Volvinme á miña casiña
alumada do luar;
rexistrei cada burato
para ver de algo atopar:
atopei fariña munda,
un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa,
púxenme a Dios alabar.
Quixen alcende-lo lume,
non tiña pau que queimar.
Funllo a pedir a unha vella,
tampouco mo quixo dar
si non era un toxo verde
para me facer rabiar.
Volvín triste coma a noite
a chorar que te chorar.
Collín un feixe de palla,
do meu leito o fun pillar.
Rexistrei polo cortello
mentras me puña a rezar
e vin uns garabulliños
e fieitos a Dios dar.
Meu San Antón milagroso,
xa tiven fogo no lar!
Arrimei o pote ó lume
con augua para quentar.
Mentras escaravellaba
na cinza, vin relumbrar
un ichavo da fertuna...
Miña Virxe do Pilar!
Correndiño, correndiño
o fun en sal a empregar.
Máis contenta que unhas páscoas
volvín a porta a pechar
e na miña horta pequena
unhas coles fun catar.
Con un pouco de unto vello
que o ben soupen aforrar
e ca fariñiña munda
xa tiña para cear.
Fixen un caldo de groria
que me soupo que la mar,
fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar.
Despois que o tiven comido,
volvín de novo a rezar
e despois que houben rezado
puxen a roupa a secar,
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar.
Nantramentras me secaba
púxenme logo a cantar
para que me oíran
en todo o lugar:
Meu lar, meu fogar,
cantas onciñas
de ouro me vals.
Como estamos a tra ballar o xornal, que mellor maneira de contextualizar isto que lendo noticias sobre a temática.
Como estamos a tra ballar o xornal, que mellor maneira de contextualizar isto que lendo noticias sobre a temática.
Tamén vos deixamos un enlace a un vídeo receita, por se algúen se anima a preparalo nesta fin de semana Rosaliana.
Para rematar presentámosvos a escolma de libros sobre a autora que realizamos na biblioteca e que estará a disposición de todas as nenas e nenos do centro ata a vindeira semana.
xoves, 15 de febreiro de 2018
Xogos na ludoteca
Como xa sabedes este curso podedes ir nos recreos a aula de audiovisuais, xa que alí atoparedes xogos como parchís, ocas, xadreces, dominós, xogos de estratexia, preguntas e respostas..
Un dos xogos de mesa que podedes encontrar trátase de CATAN junior, para nenos/as de 6 anos en adiante. Os xogadores teñen que construir barcos e guaridas de piratas cos materiais que producen os terreos. Deixovos aquí un vídeo no que explica como xogar.
CARCASSONNE junior. A partir de 4 anos.
É o día 14 de xuño, festa nacional de Francia. Os nenos pásano en grande intentando devolver a todos os animais ós seus currais antes de que se poña o sol, xa que é tradición ese día soltar a ovellas, galiñas e vacas polo pobo. Coloca as fichas da túa cor sobre o terreo.
É o día 14 de xuño, festa nacional de Francia. Os nenos pásano en grande intentando devolver a todos os animais ós seus currais antes de que se poña o sol, xa que é tradición ese día soltar a ovellas, galiñas e vacas polo pobo. Coloca as fichas da túa cor sobre o terreo.
DIXIT. Edad recomendada+ 8 anos. Xogo de cartas ilustradas para contar historias. Encontra a carta adecuada sen caer na trampa.
xoves, 1 de febreiro de 2018
30 de xaneiro. DÍA DA PAZ
O día 30 foi o día da paz.
Algunhas aulas do centro acudiron á bibliotca escolar buscar fondos para celebrar esta conmemoración.
A aula de 5 anos A estivo a traballar sobre a figura de MALALA, levaron todos os libros que falaban sobre esta nena para a súa biblioteca de aula.
Este é o resultado do seu traballo.

Na clase de relixión para conmemorar tal día os nenos e nenas tamén traballaron diferentes figuras promotoras da paz no mundo, este traballo foi reforzado en algunhas titorías traballando as súas biografías a partir dos seguintes libros.
Algunhas aulas do centro acudiron á bibliotca escolar buscar fondos para celebrar esta conmemoración.
A aula de 5 anos A estivo a traballar sobre a figura de MALALA, levaron todos os libros que falaban sobre esta nena para a súa biblioteca de aula.
Este é o resultado do seu traballo.

Na clase de relixión para conmemorar tal día os nenos e nenas tamén traballaron diferentes figuras promotoras da paz no mundo, este traballo foi reforzado en algunhas titorías traballando as súas biografías a partir dos seguintes libros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)