Amosando publicacións coa etiqueta radionabibliooutes2526. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radionabibliooutes2526. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2026

Entrevista ás Pandereteiras de Arcos

A aldea de Arcos pertence ao Concello veciño de Mazaricos e dende alí viñeron falarnos e cantarnos unhas coplas as Pandeireteiras de Arcos. 
Escoitamos, aprendimos e tomamos boa nota dunha parte de todo o seu saber.


martes, 16 de xuño de 2026

OUTES NEWS

 O alumnado do 3º ciclo está a crear un xornal dixital no que podedes informarvos, disfrutar de recensións literarias e escoitar os seus podcasts sobre temas variados. 

IMPRESIONANTE TRABALLO COMPAÑEIRAS!

Premede na imaxe para acceder a Outes News!



luns, 4 de maio de 2026

Entrevista a Artur Puga

Levamos uns cantos días cun convidado de luxo polo @ceip_outes como parte dun proxecto de radio que afonda na tradición oral e na súa transmisión a través das nosas maiores. 

Artur Puga é percusionista, bailador, profesor itinerante en @seisporoito.gal e a persoa que está detrás de @venebaila, un proxecto que convida a experimentar e achegarse ao baile tradicional e que dende hoxe temos no noso patio como unha oportunidade máis de ocio. 


Grazas Artur por achegarte e compartir uns días connosco e achegarnos máis o baile tradicional ao noso día a día. Agora poderemos bailar moitas das coplas que as nosas veciñas e veciños teñen na súa memoria. E tamén moitas grazas por pasarte pola nosa radio e concedernos unha entrevista que moi pronto compartiremos con toda a comunidade.

venres, 13 de febreiro de 2026

sábado, 1 de novembro de 2025

RAPEA OS TEUS MEDOS

 Poñemos ritmo aos nosos medos para encaralos e superalos polo Samaín.... 


PREPARADAS PARA ESCOITAR?