mércores, 17 de xuño de 2026
ENTREVISTAS DISPARATADAS NA RADIO. Aquí pregúntase todo!
A través de preguntas divertidas e disparatadas afondamos no coñecemento das nosas compañeiras e compañeiros ao tempo que nos divertimos na radio!
martes, 16 de xuño de 2026
OUTES NEWS
O alumnado do 3º ciclo está a crear un xornal dixital no que podedes informarvos, disfrutar de recensións literarias e escoitar os seus podcasts sobre temas variados.
IMPRESIONANTE TRABALLO COMPAÑEIRAS!
Premede na imaxe para acceder a Outes News!
luns, 4 de maio de 2026
Entrevista a Artur Puga
Levamos uns cantos días cun convidado de luxo polo @ceip_outes como parte dun proxecto de radio que afonda na tradición oral e na súa transmisión a través das nosas maiores.
Grazas Artur por achegarte e compartir uns días connosco e achegarnos máis o baile tradicional ao noso día a día. Agora poderemos bailar moitas das coplas que as nosas veciñas e veciños teñen na súa memoria. E tamén moitas grazas por pasarte pola nosa radio e concedernos unha entrevista que moi pronto compartiremos con toda a comunidade.
Artur Puga é percusionista, bailador, profesor itinerante en @seisporoito.gal e a persoa que está detrás de @venebaila, un proxecto que convida a experimentar e achegarse ao baile tradicional e que dende hoxe temos no noso patio como unha oportunidade máis de ocio.
Grazas Artur por achegarte e compartir uns días connosco e achegarnos máis o baile tradicional ao noso día a día. Agora poderemos bailar moitas das coplas que as nosas veciñas e veciños teñen na súa memoria. E tamén moitas grazas por pasarte pola nosa radio e concedernos unha entrevista que moi pronto compartiremos con toda a comunidade.
venres, 27 de marzo de 2026
venres, 13 de febreiro de 2026
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)