O centro recibirá o selo, un diploma acreditativo e unha asignación de 1500€ que deberá ser destinada “a actividades da biblioteca escolar con implicación das familias, no contexto dos obxectivos da Axenda 2030 da ONU, de desenvolvemento sustentable”.
Por outra parte, fomos tamén un dos 10 centros seleccionados das 62 memorias presentadas, do programa “Voluntariado de lectura-A”, grazas ao traballo dos colaboradores na biblioteca e nas “lecturas solidarias”.
Neste caso recibimos 600€ de dotación para un obradoiro co alumnado colaborador que terá lugar os próximos días con Paola Guimeráns.
Todos estes recoñecementos veñen a dar respaldo ao traballo realizado por toda a comunidade e revertirá na mellora da calidade educativa do centro.
Queda moito por facer, pero ilusión e ganas non nos faltan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario