luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 "Cun ratiño unha vez fun universo"

Xela Arias - Darío a diario (1996)

Día das Letras Galegas 2021 adicadas a unha muller valente e independente que se foi prematuramente e que defendía que a poesía había que vivila  e sacala ás rúas. Podedes visitar este ENLACE para coñecela de preto, merece a pena!


E con motivo desta celebración damos difusión con gran alegría os traballos presentados ao III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio" e que comparten temática en torno ao Día das Letras Galegas e a súa adicación a Xela Arias.


“No Berce da Lingua” 

Alumnado e familias de 5ºA, 6ºA, 6ºB Ed. Infantil e 1ºA e 1ºB Ed. Primaria

“No Berce da Lingua” é unha homenaxe ás nosa familias é a súa decisión de falarnos en galego. Unha homenaxe as primeiras palabras de mamá e papá, aos arrolos no colo, aos primeiros sonidos que emitimos... un tributo á lingua e aos vínculos que establecemos con ela desde o berce.


“Xela Arias, Retazos” 

Alumnado de 4ºA Ed. Primaria

“Xela Arias, retazos” é unha biografía da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 que pon o foco no nexo emocional entre a biografía e obra da autora e o alumnado que realiza este proxecto radiofónico. Deste xeito destácase aquilo que nos vincula por idade, historia e identidade coa poeta.

Grazas á Banda da Loba polo permiso para empregar a súa fermosa música


“Lorca e os seus seis poemas galegos” 

Alumnado de 5ºB Ed. Primaria

A elección da temática para este podcast naceu do tratamento da poesía dentro da materia de Lingua Galega: durante o curso traballamos diferentes poemas de escritores e escritoras galegas como Rosalía de Castro ou Manuel María pero, a raíz do descubrimento de F.G. Lorca a través dunha unidade da materia de música dedicada á memoria histórica, quixemos saber máis sobre a escrita en galego deste autor, especialmente polo fondamente que nos marcou a súa historia persoal.

Grazas a Abe Rábade polo permiso para empregar a súa fermosa música


Agardamos que os disfrutedes moito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario