luns, 4 de xullo de 2022

PROCESO DE PREPARACIÓN E MONTAXE DA FEIRA

Levamos moito tempo sen desvelar certas cousas nas que estamos a traballar, pero para montar a feira que puidemos disfrutar foi moitísimo o traballo abordado ao longo do curso. 

Así que hoxe vimos para contarvos de xeito MOI, MOI resumido en que andivemos traballando!

Investigación e diagnóstico da situación. Investigamos aspectos diversos relacionados coas nosas liñas, os ODS 2030 que abordamos, a que fan referencia, preparamos enquisas para a comunidade, fixemos o estudo estadístico e traballamos ese datos á par da información coa que contabamos.


Con toda esa información traballamos sobre a proposta de liñas de mellora que recollemos en 3 dossieres para a cidadanía, institucións públicas e empresas. 

De xeito gráfico tamén plasmamos esas melloras en INFOGRAFÍAS, para as que tivemos que facer un estudo previo desta tipoloxía textual


En base a toda esta análise iniciamos un proceso de prototipado a través da metodoloxía Design Thinking, na que tivemos que empatizar coas necesidades que observabamos para crear solucións tecnolóxicas que abordasen a mellora desas problemáticas. 


Aquí discurrimos moitísimo sobre as funcionalidades dos nosos inventos, en base a que debían poñerse en marcha, que ía a poñerse a funcionar... É o que en linguaxe computacional se denomina INPUTS e OUTPUTS... iso xa volo contamos con calma nas casas 😉 

E ademais queriamos darlle vida a todo iso que maquinábamos e para iso empregamos dúas placas, a MAKEY-MAKEY e a MICROBIT, que programamos a través dos programas SCRATH e MAKE-CODE respectivamente. Aquí aprendemos moitísimas cousas novas, de programación e de electricidade/electrónica, que primeiro tiveron que aprender o profesorado coa axuda de Paola Guimeráns... Porque menuda "enjundia". 

Unha parte xenial deste proceso, foi que como @s maiores aprenderon moito máis rápido estas cousas, despois viñeron aos cursos d@s peques a ensinarnos e axudarnos. UN PROCESO COLABORATIVO en toda regla!


E con toda a información recabada, os deseños dos nosos prototipos e as maquetas dos mesmos... TOCABA PREPARAR OS NOSOS STANDS NA FEIRA!


O resto da historia xa a coñecedes! E si, como nos dixéchedes moitas veces na feira, traballamos moito e aprendemos moito, pero o mellor foi que o fixemos con alegría e que por fin o puidemos compartir con vós en directo! 
OUTES SOSTIBLE
Cidadás do presente para o futuro

Ningún comentario:

Publicar un comentario