Tardes que pasan voando. Esa foi a sensación que nos quedou cando finalizou o obradoiro "Libro de familia" con Pablo Otero.
E estas son algunhas das fermosas creacións realizadas neste interesante obradoiro. Libros de artista e obxecto cos que é preciso empregar os 6 sentidos como nos dicía Pablo, rachando coa idea tradicional de libro para contar historias dun xeito moi distinto!
Esperamos non tardar moito en repetir a experiencia!
Moitas grazas Pablo! E, por suposto, moitas grazas familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario