xoves, 10 de setembro de 2020

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO!

Iniciamos un curso ilusionante tras 6 meses de non vernos. Un curso extrano no que teremos que intentar dar o mellor de nós mesm@s. Pero tamén un curso histórico que o será moito máis por todo o que conseguiremos! 

O espazo físico da Biblio e o Tecnolab, inaugurado o ano pasado, permanecerán pechados de momento. Pero iso non quere dicir en absoluto que a biblio peche. A biblio formámola as persoas e o conxunto de actividades que levaremos a cabo xunt@s. Así que preparádevos e...

EN BREVE COMEZAMOS!!

ilustración de Georgiana Chitac
Ilustración de Georgiana Chitac

venres, 22 de maio de 2020

Lecturas de corentena III

Nesta ocasión a profe Patri lenos un anaquiño do conto: De maior quero ser... A súa autora é Ana Belén González. Atentos, que empeza!





mércores, 20 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

Lecturas de corentena

O profe Adrián lenos un anaco dun dos seus libros favoritos, Pippi Mediaslongas; da autora Astrid Lindgren. Agardamos que vos  guste!




venres, 20 de marzo de 2020

Semana da poesía


Para celebrar a semana da poesía organizouse unha actividade, na que en grupos interniveis  o alumnado traballou con   versos de diferentes poemas e  de diversa autoría todos co tema da igualdade. Con estes versos, os grupos crearon novos poemas, que despois recitaron para o resto do alumnado. 







xoves, 12 de marzo de 2020

Día da muller traballadora


Para conmemorar o día da muller traballadora  fixemos unha exposición de fotografías de mulleres da comunidade educativa traballando (presentes ou pasadas). Decoramos a exposición ca temática do mar, aparellos de pesca e barcos de papel violeta; xa que éste está moi presente na vida das mulleres  polas características da contorna. Quedou moi fermosa!







luns, 9 de marzo de 2020

Club de lectura: 2º trimestre

No segundo trimestre lemos "Correo Urxente" de Paula Carballeira e "O Misterio do Torque de Burela", de Antía Yáñez.



Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007 e O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).

Sinopse: Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e ás nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.





Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.

Sinopse: Son milleiros de rapazas e rapaces os que coñecen estes catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes. Percorren Galicia vivindo aventuras e descubrindo asasinatos e roubos. Son infalibles. Nesta nova hisoria, demóstrano unha vez máis…

venres, 28 de febreiro de 2020

Día de Rosalía


Para celebrar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, repartíronse uns poemas  a modo de pergamiño e co que envolvemos caraveis, que se deixaron nas aulas para darlle unha sorpresa ó alumnado.  Tamén se repartiron chapas conmemorativas deste día.


luns, 24 de febreiro de 2020

Tecnolab


Este curso temos un novo espazo no centro, un laboratorio, espazo creativo, de construcción, lóxico-matemático... 
Na aula podemos atopar material de laboratorio e xogos de enxeñería, construción, lóxica e resolución de problemas para crear un espazo científico e creativo.
Un grupo de voluntari@s axudou a preparar este espazo para que todos e todas poidamos desfrutalo. 
Podes usar este espazo nos recreos; pero debes coller o teu carnet na biblioteca para poder entrar, xa que hai un número  máximo de usuarios. Debes atender as normas de uso deste espazo e devolver o carnet a biblio cando termine o recreo. Si tes dúbidas de como usar o material, poderánche asesorar os axudantes de biblioteca. 









venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ


Durante os últimos días estivemos facendo nas aulas unha escultura con caixas, a que chanmamos “IGUALDADE COMO FERRAMENTA PARA A PAZ”. É unha obra reivindicativa na que se reflexan numerosas mostras de discriminación e violencia sufridas polas mulleres nos distintos eidos artísticos.







luns, 20 de xaneiro de 2020

Proxecto: As mulleres na arte


Este curso vamos a levar a cabo un proxecto para reivindicar o papel das olvidadas ou pouco recoñecidas nos distintos eidos artísticos ao longo da historia.
Nove disciplinas artísticas a avaliar e nas que reivindicar o papel das mulleres.
 ESCULTURA
 LITERATURA (Narrativa e poesía)
 ARQUITECTURA
 ARTES ESCÉNICAS (Teatro e danza)
 ARTES VISUAIS (Pintura)
 CINEMATOGRAFÍA
 CÓMIC
 MÚSICA
 FOTOGRAFÍA

venres, 20 de decembro de 2019

Club de lectura


Este curso no club de lectura comezamos cas obras: "Escarlatina, a cociñeira defunta" e "A señorita Bubble",  de Ledicia Costas. 



Ó rematar a lectura, cada participante prepararou unha das receitas do primeiro libro e trouxéronas ó colexio para ofrecerlle unha merenda sorpresa ao alumnado de infantil, foi unha actividade moi desfrutada por tod@s.




luns, 7 de xaneiro de 2019

Novidades ludoteca

 Este curso cambiamos a ludoteca do colexio de ubicación.  Podédela atopar no primeiro andar xunto a aula de segundo. Nos recreos podedes vir a xogar cando queirades. Alí atoparedes xogos como parchís, ocas, xadreces, dominós, mikado, xogos de estratexia, preguntas e respostas..


        Este curso seguimos incorporando novos xogos como os que hoxe vos presentamos.



Timeline. Juego de cartas