No segundo trimestre lemos "Correo Urxente" de Paula Carballeira e "O Misterio do Torque de Burela", de Antía Yáñez.
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007 e O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).
Sinopse: Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e ás nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
Sinopse: Son milleiros de rapazas e rapaces os que coñecen estes catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes. Percorren Galicia vivindo aventuras e descubrindo asasinatos e roubos. Son infalibles. Nesta nova hisoria, demóstrano unha vez máis…
Ningún comentario:
Publicar un comentario