mércores, 20 de decembro de 2023

venres, 1 de decembro de 2023

CONTOS SONORIZADOS POLO SAMAÍN

 Durante a libre circulación de centro realizada co gallo do SAMAÍN, unha das propostas situouse na radio dando como resultado Conto repentizados con efectos sonoros realizados polo alumnado. As producións son do máis fantasmagóricas! 

Non pasedes moito medo!!




mércores, 14 de xuño de 2023

ENTREVISTA CON JULIO E DAVID "OUTES SOÑANDO O PATIO"

 Julio e David, de Proxecto Horta Clown, levan todo o ano traballando con nós arreo no marco do proxecto "Outes soñando o patio". 

Hoxe deixámosvos unha entrevista con eles sobre todo o proceso levado a cabo. Agardamos que a disfrutedes!

martes, 6 de xuño de 2023

TEMPO POÉTICO. Poesía radiofónica a cargo do alumnado de 2º de Primaria

 O alumnado de 2º de Primaria elexiu e traballou a súa imaxe poética e escribiu os seus poemas de autoría propia que hoxe nos recitan en tres programas temáticos.

Agargamos que os disfrutedes!

luns, 5 de xuño de 2023

TEATRO RADIOFÓNICO DO CLUB DE LECTURA 4º e 5º de Primaria

 Deixámosvos esta marabilla para que a disfrutedes moito!

"BOAS NOITES" de Paula Carballeira 


"SOMOS OS MONSTROS" de Paula Carballeira

"O AFUNDEMENTO DO TITANIC" de Breogán Rivero

venres, 25 de novembro de 2022

OUTES GRITA NON! Á VIOLENCIA DE XÉNERO

OUTES GRITA NON!
Á VIOLENCIA DE XÉNERO

E para conseguilo, traballamos todos os días nunha educación feminista, que respete os dereitos de todas e todos. 

#25N #NINUNHAMENOS

venres, 18 de novembro de 2022

RECOÑECEMENTO NO VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

O noso proxecto de centro "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro" recibe o PREMIO no VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.


Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta. 

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€. 

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! 🥰🎉

venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN CON MEMORIA!


 
Programación completa para celebrar o Samaín no cole!

Taller de cabazas, visita nocturna á exposición e desfile de distraces... 💣


E na BIBLIOTECA... LECTURAS A ESCURAS DE RELATOS DE MEDO ANTIGOS! Relatos deses que se contaban ao carón das lareiras e que recollemos no marco do noso PDI "Temos raíces, temos ás. Outes con memoria"


FANTASMAGÓRICAMENTE DIVERTIDO!

martes, 25 de outubro de 2022

24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Coa nosa nova biblio en marcha, nenas e nenos soñaron alto para pensar zonas, equipamentos e posibilidades deste desexado novo espazo. 
E que mellor día que a festa das bibliotecas para recoller todos eses soños! 📚✨
E se de soños falamos, as compañeiras e compañeiros de 6º levaronos un paso máis alá. Mediron, levaron a escala, planificaron, xustificaron e hoxe… PRESENTARON OS SEUS PROXECTOS!! 

Agora queda un gran traballo por diante de análise de soños e proxectos para dar forma á nova biblioteca! 🥰

venres, 14 de outubro de 2022

PRESENTACIÓN PDI "TEMOS RAÍCES, TEMOS ÁS. OUTES CON MEMORIA"

Hoxe foi día de festa! Recibimos o novo proxecto deste ano “Temos raíces, temos ás. Outes con memoria” 💚

Cumprimos 50 anos e queremos falar da nosa historia da man das emocións. Recuperar as historias das persoas da nosa comunidade e aprender das nosas raíces para poder voar coas nosas ás.
As colaboradoras e colaboradores de 6º foron s encargados de conducir o acto. Leron unha emotiva carta que nos trasladaba distintas claves do proxecto tras o que visionamos o vídeo introductorio. 

Despois entregaron un pequeno agasallo ás aulas que dará comezo ao proceso de investigación. 

Unha presentación moi emocionante 
que agardamos dea paso a un ano moi especial. 

#ceipoutesconmemoria

xoves, 6 de outubro de 2022

NOVO EQUIPO DE COLABORADOR@S!

 Primeira reunión co equipo de colaborador@s da biblio 22/23

Unha reunión que comezamos fóra para permitir o préstamo de outr@s compañeir@s e diafrutar da boa temperatura, e que rematamos na propia biblio para visualizar varios dos temas que tiñamos que tratar.

Nesta primeira reunión abordamos clasificación e organización dos fondos na biblio, organización e tarefas do equipo, programas da biblio e recollemos tamén a súa voz.

A idea era que comezaran o luns, pero están tan motivad@s que mañá xa teremos o luxo de contar coa súa colaboración! 💕

MOITAS GRAZAS CHIC@S! 💪🏾🤙🏾

luns, 3 de outubro de 2022

OBRADOIROS "LECTURA E FAMILIAS" DO 1º TRIMESTRE

 Xa temos a oferta dos obradoiros dispoñibles para o 1º trimestre dentro do programa “Lectura e familias”. Luxazo contar con Xosé Tomás, Imaxinatea Teatro e María Lado 🌟✨

Animádevos!