mércores, 27 de abril de 2022

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE MARCAPÁXINAS CON SCRAPBOOKING

E neste “Mes do Libro” no noso cole, ademais das lecturas de agasallo que se están a levar a cabo, o alumnado de 4ºEP participou nun Obradoiro de Marcapáxinas a cargo da profe Leti, onde tivo a ocasión de estrear parte dese equipamento que está a chegar para a nova biblio e que nos abre un mundo de posibilidades! 🌟 

O Scrapbooking permitiranos facer marcapáxinas coma estes, pero tamén decorar as nosas cartas, portadas de libros, traballos, facer diarios... fomentando oportunidades creativas e o gusto polas boas presentacións! 💖

Ademais nos próximos días será este alumnado o encargado de pilotar o obradoiro para o resto do cole! Que gran responsabilidade! 🔝

martes, 26 de abril de 2022

PRESENTACIÓN DOS POLOS CREATIVOS

 O CEIPP de Outes convidado á presentación dos Polos Creativos. Un programa cun orzamento de 8.000.000€ no que entrarán en primeira convocatoria 220 centros de toda Galicia. Os polos creativos chegan coa finalidade de ser un gran apoio para a ensinanza STEM (tratamento integrado das Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Dende o noso centro presentaremos proxecto para intentar acceder a esta gran posibilidade que apoiará os soños nos que xa estamos a traballar proxectados nese novo e incrible espazo, e que supón un gran incremento de oportunidades para o noso alumnado.

venres, 8 de abril de 2022

ANGELES ALVARIÑO. COÑECER OS REFERENTES

 Charla para o alumnado de Infantil sobre a biografía de Ángeles Alvariño. Coñecer referentes da man de Enrique Mauricio e coas ilustracións de Tania Solla. 

Unha charla enmarcada no Proxecta “Donas de sí” e na liña de investigación de Ed. Infantil sobre igualdade dentro do PDI “Outes Sostible” 

luns, 4 de abril de 2022

luns, 28 de marzo de 2022

VOLUNTARIADO DE LECTURA

 Hoxe deu comezo o Voluntariado de lectura, e non nos puido gustar máis compartir lecturas! 

Durante o mes de abril, mes do libro, @ alumnado voluntario da biblio fará lecturas variadas para o público de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria dentro do cole e para @s peques do PAI (punto de atención á infancia) por videoconferencia.

xoves, 24 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE XESTIÓN TÉCNICA DA RADIO e PROGRAMAS PDI OUTES SOSTIBLE

 Charla-obradoiro de radio con Denis de @redeespora coa finalidade de fomentar a autonomía do alumnado na xestión técnica da radio e polo tanto no seu uso.

Uns obradoiros nos que o alumnado de 4º e 5º puideron achegarse ás posibilidades da radio e a distintas cuestións técnicas, e nos que o alumnado de 5º tivo a oportunidade de facer a proba práctica a cambio de comprometerse para ser os guías no proceso de iniciación á xestión técnica do alumnado de 4ºEP. 

Uns obradoiros para os que o alumnado debía levar un guión sobre o que facer a práctica e para o que aproveitaron para dar forma a parte da investigación que están a facer no marco do PDI.

Deixámosvos os programas xa que son de gran interese!

Grazas Denís, pola atención, os recursos e o bo facer.

mércores, 23 de marzo de 2022

CIENCIA NO TECNOLAB

 O alumnado de 4°A visitou o Tecnolab despois de investigar sobre as propiedades conductoras de distintos materiais. Unha vez detectados que materiais podían conducir a electricidad, construíron un circuíto eléctrico empregando limóns, moedas de cobre, tornillos de cinc e cables de cocodrilo.

O de 4ºB pola súa banda andiveron vivenciando as mesturas homoxéneas e heteroxéneas e o proceso de filtración.

martes, 22 de marzo de 2022

PAREDES

 Xa temos parede divisoria entre os estudos de televisión e de radio!!🔥 

Historias de cando unha parede nos enche de ilusión 🌟

luns, 21 de marzo de 2022

luns, 14 de marzo de 2022

INVESTIGACIÓNS NO MARCO DO PDI

Dentro do PDI Outes Sostible o alumnado de 4ºEP acompañou a Álex a cambiar o filtro de auga que entra para a cociña do cole. 

Moi impresionad@s con como estaba o filtro e coa frecuencia coa que é preciso cambialo, seguro que levaron boas notas para seguir avanzando na súa súa liña de traballo. 

ODS 6. Auga limpa e saneamento

venres, 11 de marzo de 2022

A NOSA BIBLIO FINALISTA DO SELO CCB

 A nosa biblio finalista do Sello CCB Bibliotecas Escolares Primaria. Outro recoñecemento a nivel estatal que recibimos con gran alegría. 

O selo é outorgado polo Consejo de Cooperación Bibliotecaria dependente do Ministerio de Cultura.

Parabéns á biblio gañadora! CEIP Milladoiro de Malpica 💜

xoves, 10 de marzo de 2022

8M - XINCANA DA CORRESPONSABILIDADE

Durante toda a semana pasada do 8M celebramos a Xincana da Corresponsabilidade.
Esta proposta xurde despois da tarefa de investigación e análise do alumnado de infantil con respecto a quen realiza as tarefas da casa. 

Ao ver que maioritariamente estas tarefas nas nosas casas eran realizadas por mulleres decidiron promover unha iniciativa na que se demostrara que todas as persoas podemos facer estas tarefas.

A proposta foi esta Xincana para todo o alumnado de infantil e primaria do centro para a que:

📌Deseñaron as tarefas
📌Realizaron inventario de material necesario
📌Testearon o recorrido para determinar tempos
📌Fixaron as normas de participación
📌Adaptaron para Primaria as propostas
📌Informaron a todas as compañeiras da iniciativa.

Durante a próxima semana revisaremos os rexistros para ver que persoas conseguiron a pulseira da Corresponsabilidade que estaba en xogo 😅

Dinámica enmarcada dentro da PDI Outes Sostible. ODS 5. Igualdade de xénero, 10. Reducción das desigualdades e 17. Alianzas para lograr os obxectivos