Celtia de A Xanela do Maxín ofreceunos a divertida e inspiradora historia de Lua quere viaxar a Marte.
venres, 22 de marzo de 2024
LUA QUERE CHEGAR A MARTE. A XANELA DO MAXÍN - E entrevista a Celtia!
luns, 11 de marzo de 2024
8M. Visita das mulleres da Portela Vella. O proceso de elaboración dos San Cosmeiros
Recibimos con motivo do 8M a visita das mulleres da Asociación da Portela Vella que nos falaron do proceso de elaboración dos San Cosmeiros. Un arduo traballo que levan a cabo para manter viva este obxecto tan valioso da nos tradición.
Ademais tivemos ocasión de facerlles unha entrevista que podedes escoitar a continuación:
venres, 8 de marzo de 2024
OBRADOIRO DE RADIO A CARGO DO ALUMNADO COLABORADOR
Nestes podcasto podedes escoitar o resultado do mesmo, no que leron fragmentos de "Ellas" de Raquel Díaz Reguera e fixeron un posterior debate con motivo do 8M 💛✨
venres, 1 de marzo de 2024
VISITA CEIP CAMIÑO INGLÉS (SIGÜEIRO) e CEIP RAMIRO SOLÁNS (ZARAGOZA). PROGRAMA OBSERVA ACCIÓN
Rematamos hoxe a participación do noso centro no programa ObservaAcción 23/24 acollendo ás representantes do CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro e CEIP Ramiro Soláns de Zaragoza.
Presentamos as liñas do Proxecto Educativo, os espazos do noso centro e vimos ao alumnado traballando nas propostas de libre circulación que cada ciclo prepara.mércores, 10 de xaneiro de 2024
FORMACIÓN DE RADIO E PROXECTO PLANTASÍAS
Formación un curso máis de Xestión Técnica da Radio a cargo de Denís de Rede Espora. Unha formación na que o alumnado tivo a oportunidade de ocuparse da parte máis complexa do funcionamento da radio, empoderándoos así para o seu uso totalmente autónomo.
Aproveitaron ademais para deixar para a posteridade as súas investigacións sobre a Flora autóctona da contorna no marco do proxecto Plantasías, no que tiveron oportunidade de entrevistar ás súas familias.
Unha proposta de que disfrutaron moito e que agora nos deixan para que disfrutemos nós!
mércores, 20 de decembro de 2023
LECTURAS POÉTICAS DO CLUB DE LECTURA: "A LO BESTIA" Mar Benegas
Lectura dos poemas do libro "A lo bestia" da autora Mar Venegas por parte do alumnado do Club de Lectura para que poidades disfrutalos!
venres, 1 de decembro de 2023
CONTOS SONORIZADOS POLO SAMAÍN
Durante a libre circulación de centro realizada co gallo do SAMAÍN, unha das propostas situouse na radio dando como resultado Conto repentizados con efectos sonoros realizados polo alumnado. As producións son do máis fantasmagóricas!
Non pasedes moito medo!!
mércores, 14 de xuño de 2023
ENTREVISTA CON JULIO E DAVID "OUTES SOÑANDO O PATIO"
Julio e David, de Proxecto Horta Clown, levan todo o ano traballando con nós arreo no marco do proxecto "Outes soñando o patio".
Hoxe deixámosvos unha entrevista con eles sobre todo o proceso levado a cabo. Agardamos que a disfrutedes!
martes, 6 de xuño de 2023
TEMPO POÉTICO. Poesía radiofónica a cargo do alumnado de 2º de Primaria
O alumnado de 2º de Primaria elexiu e traballou a súa imaxe poética e escribiu os seus poemas de autoría propia que hoxe nos recitan en tres programas temáticos.
Agargamos que os disfrutedes!
luns, 5 de xuño de 2023
TEATRO RADIOFÓNICO DO CLUB DE LECTURA 4º e 5º de Primaria
Deixámosvos esta marabilla para que a disfrutedes moito!
"BOAS NOITES" de Paula Carballeira
venres, 25 de novembro de 2022
OUTES GRITA NON! Á VIOLENCIA DE XÉNERO
OUTES GRITA NON!
Á VIOLENCIA DE XÉNERO
E para conseguilo, traballamos todos os días nunha educación feminista, que respete os dereitos de todas e todos.
#25N #NINUNHAMENOS
venres, 18 de novembro de 2022
RECOÑECEMENTO NO VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS
O noso proxecto de centro "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro" recibe o PREMIO no VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta.
Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€.
SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! 🥰🎉
venres, 28 de outubro de 2022
SAMAÍN CON MEMORIA!
Taller de cabazas, visita nocturna á exposición e desfile de distraces... 💣
E na BIBLIOTECA... LECTURAS A ESCURAS DE RELATOS DE MEDO ANTIGOS! Relatos deses que se contaban ao carón das lareiras e que recollemos no marco do noso PDI "Temos raíces, temos ás. Outes con memoria"