xoves, 14 de xuño de 2018
Encontro do club de lectura con Agustín Agra
O pasado mércores, o alumnado do club de lectura do CEIP de Outes tivo un encontro co escritor e profesor Agustín Agra, autor do libro " O tesouro da lagoa de Reid´ls.
Durante este encontro os nenos e nenas de 5º e 6º que son membros do clube de lectura fixéronlle unha pequena entrevista que prepararon.
Agustín contoulle as fontes que utilizou para escribir este libro e en que mitos se baseou. Tamén houbo tempo para explicar cómo é o seu proceso de creación escrita, onde escribe, que momento do día é o seu preferido, así como para adiantarlles en que proxecto está inmerso neste momento.
Algunha pregunta tratou sobre as súas lecturas preferidas, cousa que serve ao noso alumnado como fonte de inspiración e como modelo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario