Dentro das actividades de fomento da lectura comezamos cunha actividade en que se establecen relacións entre alumnado de distintas idades. Realizamos un apadriñamento lector entre alumnado de cursos superiores cos nenos e nenas de cursos inferiores. Cada día, dúas clases foron a biblioteca na hora de ler e cada neno de menor idade elixiu un conto que quería que lle leran. Organizáronse por parellas e situáronse en diferentes recunchos da biblioteca para desfrutar da lectura. Foi unha actividade moi enriquecedora!
Ningún comentario:
Publicar un comentario