Emocionante xornada de Samaín, a la par que sanitariamente segura, no CEIP Plurilingüe de Outes!
Decoración de cabazas, visionado de curtas, lectura de relatos... e ENTERRO DOS MEDOS! Medos fóra!
Por outra banda, dende a biblio pediuse tamén aos nenos e nenas que enviaran os seus relatos... POIS XA ESTÁN AQUÍ!!! @s nos@s pequenos escritores e escritoras puxéronse mans á obra e hoxe publicamos tamén a escolma dos "RELATOS DE SAMAÍN".
INFO SÓ APTA PARA ORDENADORES, EN MÓVILES E TABLETS SEN AMBIENTACIÓN MUSICAL 🙉: Deixámosvos un vídeo que podedes accionar por se vos apetece ambientar con música as vosas lecturas. Dádelle ao play no vídeo e despois premede nos 3 puntos da presentación para desplegar un menú no que poderedes ampliala a pantalla completa.
NOTA: son moitos os relatos recibidos e as fotos das cabazas... A edición do vídeo está pechada, pero en canto aos relatos, se botades en falta algún poñédevos en contacto con bibliooutes@gmail.com para buscalo e incluílo. Grazas pola vosa comprensión 😉
XA SÓ VOS QUEDA DESFRUTAR DAS LECTURAS!
🙌😍🕷
ResponderEliminar