luns, 16 de novembro de 2020

ESTREA D@S COLABORADORAS E COLABORADORES

 Este é un ano complexo, no que como sabedes decidimos pechar o espazo físico da biblioteca. Esta decisión tomouse por dous motivos: o primeiro garantizar a máxima seguridade sanitaria a nivel de centro, pero tamén é certo, que aproveitando a circunstancia, abordaremos a recolocación e mellora do espazo para que cando poidamos empregalo sexa un espazo o máis cómodo, acolledor e práctico posible. 

A pesar de pechar o espazo físico, a biblioteca como entidade segue cos motores en marcha, e non queriamos deixar de ofrecer a oportunidade aos nenos e nenas de sexto de colaborar na biblioteca. Unha oportunidade que empodera a este alumnado, ofrécelle coñecementos específicos e sobre todo favorece a súa inclusión na organización de tarefas varias, iniciándonos en propostas de aprendizaxe servizo que serán moi valiosas para as súas vidas. 

Polo que puxemos en marcha o programa igualmente, porque colaboración séguese e seguirase precisando. Esta semana foi a estrea dos equipos, que funcionan por grupo burbulla igual que no resto de actividades do centro. E comezaron traballando en dúas liñas fundamentalmente.

Por un lado, a colaboración na montaxe e recolocación dos mobles da biblioteca, tarefa coa que temos traballo para unha boa tempada:



E por outro a montaxe dos robots cedidos ao centro no marco do proxecto Biblioteca Creativa, no que fomos seleccionados este ano.


Demostraron estar moi a altura en ambas tarefas, polo que lle agradecemos moitísimo a súa colaboración.
GRAZAS COLABORADOR@S!!
Sodes persoal imprescindible da biblio 💥💫

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

Ningún comentario:

Publicar un comentario