Hai uns días conmemorábamos o Día Internacional das persoas con diversidade funcional e presentábamosvos algunhas novidades bibliográficas nas que se incluían materiais adaptados en Braille, con pictogramas ou, simplemente, que afondaban na temática da inclusión.
Ben, pois ese non é o único camiño que percorremos para facer da nosa biblioteca un lugar máis inclusivo. Os colaboradores e colaboradoras de 6°B veñen de aprender a manexarse con algunha aplicación web na que descargar pictogramas e así poder acompañar as diferentes seccións da biblioteca cunha imaxe representativa que axude a todo o alumnado a acceder aos libros que desexa.Por agora iremos nomeando algunha estantería pero xa hai a proposta de escoller algúns dos libros máis lidos e facer unha pequena adaptación con pictogramas.
En Outes, camiñamos cara a inclusión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario