Por iso desde hoxe no cole quixemos poñernos na pel das persoas con diversidade funcional e ser conscientes dalgunhas das súas dificultades. A proposta do Equipo de Convivencia organizouse un circuito para poder experimentar as barreiras ás que se enfrentan estas persoas a diario empregando unha cadeira de rodas, muletas, antifaces ou unha silla anfibia.
Ademais dende a biblio presentamos unha selección de libros adaptados de lectura fácil con pictogramas ou Braille, para que todas as persoas poidan acceder á lectura.
Temos que agradecer enormemente a Cruz Roja Noia o préstamo do material e que desprazaran dous vehículos adaptados para que puidéramos coñecer o seu funcionamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario