Hoxe celebramos o acto de presentación oficial da campaña “COIDATE, COIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade”.
Os nenos e nenas representantes do Consello da Infancia foron @sencargad@s de conducir o acto no que se fixo unha pequena descrición de todo o proceso levado a cabo e se proxectaron os spots da campaña.Agradecer á Xefa Territorial de Sanidade da Coruña, Concello de Outes, Anpa Rio Tines, Asociación Terras de Outes, IES Poeta Añon, Cruz Vermella de Noia e ás familias e persoal do centro a súa asistencia.
E por suposto tamén a asistencia da Presidenta e Coordinadora de @medicosdomundogalicia, entidade coa que colaboramos na campaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario