xoves, 11 de febreiro de 2021

11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. RECURSOS E PROPOSTA

 Pois tal e como di o título comezamos con unha oferta de recursos remataremos cunha proposta para achegarvos á ciencia en familia.

En primeiro lugar tedes na biblio unha exposición con fondos de grandes mulleres da ciencia ás que a historia non lles fixo xustiza, pero que agora se recollen nestes fermosos libros, para aínda que tarde poidamos achegarnos aos seus asombrosos traballos.


Podedes visionar tamén este fermoso vídeo que reflexiona sobre esa situación que viviron centos de científicas ao longo da historia.


E para ter referentes e coñecer disintas disciplinas científicas podedes visionar os vídeos desta lista de reproducción en Youtube. Para acceder PREMEDE NA IMAXE!



E AGORA A PROPOSTA!...

Propoñémosvos de novo que busquedes gafas e bata para convertirvos en auténticos científicos e científicas. Premendo na imaxe que vos deixamos a continuación accederedes a unha proposta de realización de experimentos e posta en práctica do método científico.
premer na imaxe para acceder á páxina

Se vos apetece podedes enviarnos a bibliooutes@gmail.com algunha foto da experiencia e serán publicadas no blogue. 
ANIMÁDEVOS, ENCANTARÍANOS QUE AS COMPARTIRADES!


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

Ningún comentario:

Publicar un comentario