Sumámonos á iniciativa da Fundación Rosalia de Castro para conmemorar o día do seu nacemento e no comedor da nosa escola hoxe serviuse “Caldo de gloria”.
Trátase dunha iniciativa inspirada no poema da autora titulado “Miña casiña meu lar” no que explica como facer un caldo de supervivencia como o que se facía en moitas casas nesa época. A versión do noso Caldo de gloria temos que agradecerllo a Loli, Tere e Nati.😘
Ademais o Día de Rosalía supuxo unha gran motivación para pasar pola radio!
Xunto co recitado de "A miña casiña, meu lar" deixámosvos 3 novos podcast para honrar a nosa poeta máis querida. Dous recitais poéticos e un magazine de axenda cultural! Non volos perdades! 🎙💚
Ningún comentario:
Publicar un comentario