Dentro das actividades de fomento da lectura comezamos cunha actividade en que se establecen relacións entre alumnado de distintas idades. Realizamos un apadriñamento lector entre alumnado de cursos superiores cos nenos e nenas de cursos inferiores. Cada día, dúas clases foron a biblioteca na hora de ler e cada neno de menor idade elixiu un conto que quería que lle leran. Organizáronse por parellas e situáronse en diferentes recunchos da biblioteca para desfrutar da lectura. Foi unha actividade moi enriquecedora!
luns, 29 de xaneiro de 2018
luns, 22 de xaneiro de 2018
Prensa estranxeira
No noso quiosco fomos aumentando a sección de prensa estranxeira. Xa contamos cun gran número de xornais de diferentes países e rexións de España.
Reino Unido
Financial Times
London Evening Standard
The times
The Guardian
The Daily Telegraph
The sun
Le Monde -Francia
Correio da manha- Portugal
Weit am sontag -Alemania
The New York Times -Estanos Unidos
Berria- País Vasco
El periódico de Catalunya-Cataluña
venres, 19 de xaneiro de 2018
Formatos do xornal
Compartimos con vós unha presentacion de diapositivas que resume os distintos formatos nos que se pode imprimir un xornal.
domingo, 14 de xaneiro de 2018
Proxecto O xornal 2º fase
Seguimos traballando co xornal, nesta fase centrámonos na noticia. Nas distintas aulas vanse realizando actividades centradas neste tipo de texto:
_Identificar as partes.
_Que preguntas responde.
_Debuxar o "molde" da noticia.
_Buscar a parte que lle falta a unha noticia.
_Completar noticias ás que previamente se lle quitou algún fragmento.
_Recompoñer unha noticia a partir das súas partes.
_Escribir pés de foto.
_Traballar as siglas que aparecen
_Tipos de oración e linguaxe utilizada.
_Analizar citas textuais, tipografia, citas directas e indirectas
_ Esctibir noticias de feitos relevantes para o alumnado.

luns, 8 de xaneiro de 2018
Os dicionarios
Unha das funcións da biblioteca escolar é formar mediatica e informacionalmente aos usuarios.
Nesta ocasión proporcionámosvos un material para coñecer ben este recurso tan utilizado na escola.
Para que serve un dicionario? Como pescudamos información nel? Que tipos de dicionarios existen?
Clicando na imaxe acederedes a un recurso elaborado polo IES Porto do Son. Grazas por compartir con todos o voso traballo.
Nesta ocasión proporcionámosvos un material para coñecer ben este recurso tan utilizado na escola.
Para que serve un dicionario? Como pescudamos información nel? Que tipos de dicionarios existen?
Clicando na imaxe acederedes a un recurso elaborado polo IES Porto do Son. Grazas por compartir con todos o voso traballo.
mércores, 20 de decembro de 2017
Recomendacións de lectura para o Nadal
Aquí vos deixo os meus libros e xogos favoritos para este Nadal.
Felices festas de parte da vosa amiga Saisa e do todo o equipo de biblioteca do CEIP de Outes.
domingo, 17 de decembro de 2017
O noso quiosco
Como xa sabedes estamos a traballar co xornal e que mellor forma de metermos en materia que poñer a andar o noso propio quiosco. Dende o mes de novembro e durante os recreo; varios voluntarios organizan o préstamo de revistas e tamén se pode ver o xornal de cada día. Temos unha sección de xornais estranxeiros na que podemos ver como é un xornal de Portugal, Estados Unidos , Alemania, Reino Unido, Francia ou inluso Xapón.

Tamén temos un tablón de anuncios breves no que o alumnado pode poñer os seus anuncios: cambio, ofrezo, preciso, busco...
venres, 15 de decembro de 2017
Proxecto Documental Integrado 2017-2018 O Xornal: 1º fase
Este curso vaise levar a cabo o proxecto documental integrado, coordinado dende a biblioteca escolar: O xornal
Durante o mes de novembro adicouse un tempo de lectura diaria o xornal e tamén dúas sesións semanais a traballar dito proxecto. Nos corredores do centro cada aula foi creando un espacio para a recollida das conclusións e de todo o traballo que se foi facendo.
Nesta 1º fase as actividades que se fixeron foron en torno a lectura e análise do xornal. Por exemplo:
_Chegar a acordos sobre a función do periódico e destinatarios.
_Análise do formato, tipos de texto, léxico, tipos de frases, seccións..
-Identificar distintos tipos de letras, números, imaxes, debuxos (Ed.Infantil)
_Análise do formato, tipos de texto, léxico, tipos de frases, seccións..
-Identificar distintos tipos de letras, números, imaxes, debuxos (Ed.Infantil)
_Buscar noticicas sobre un feito relevante concreto e comprobar o distintos tratamentos nos xornais.
_Analizar a relación imaxe-foto.
_Noticias recortadas, incluila nunha sección do xornal.
_Distinguir noticias e opinións.
_Recortar fotos e relacionala ca noticia correspondente.
_Localizar publicidade e anuncios breves.
_Contar noticias .
Podedes ver aquí algunhas fotos da 1º fase do proxecto.
domingo, 26 de novembro de 2017
MERCADIÑO SOLIDARIO
Ola amiguiñas e amiguiños.
Hoxe vouvos contar porqué ata o mes de outubro a biblioteca do cole estivo pechada. As mestras e o mestre que me axudan a pensar actividades para a biblioteca estiveron escollendo aqueles libros que xa non usades, que están estropeados, etc
Para darlle unha segunda vida a todos eses libros decidiron facer un "MERCADIÑO SOLIDARIO" e intercambiar os fondos por alimentos non perecedeiros, que logo foron entregados a Cáritas de Outes.
Moitos nenos e nenas trouxestes das vosas casas algún alimento para cambiar por aqueles libros que máis vos gustaron.
Así, libros que estaban nos estantes da biblioteca esquecidos, viaxaron ata as vosas casas para emprender aventuras con vós e aquelas persoas que teñen escasos recursos económicos recibiron os alimentos que precisan.
Agora deixovos algunhas fotos para que vexades os 276 kilos de comida que recollemos, e tamén a noticia que saiu no xornal.
Dende aquí dámoslle as grazas a todas as familias, mestras e mestres que participaron nesta iniciativa.
UN SAÚDO
SAISA
sábado, 25 de novembro de 2017
O autor: Xabier P. Docampo
Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo, 1946) é un maestro, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademáis de animador a lectura e experto en bibliotecas escolares. En 1995 obtuvo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pola noite seleccionada asimesmo como unha das cen mellores obras do século XX en español.
mércores, 15 de novembro de 2017
Empezamos!
Arranca un ano máis o club de lectura con novos membros de 5º e 6º curso.
Haberá dous grupos e os libros elixidos foron O misterio das badaladas de Xavier P. Docampo e A señorita Bubble de Ledicia Costas.
domingo, 5 de novembro de 2017
Contacontos polo Samaín
Con motivo do Samaín fixemos un contacontos na biblioteca no tempo do recreo. Os contos elixidos foron: para 1º e 2º A figueira de Pelostortos, para 3º e 4º curso Cadavercita Roja e para 5º e 6º Cuentos de terror de Edgar Allan Poe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























