luns, 1 de febreiro de 2021

Día da Paz no PDI: REFLEXIÓN SOBRE O DEREITO Á SAÚDE

 Tal e como comeza o noso traballo... 

PORQUE É IMPOSIBLE VIVIR EN PAZ 

SEN GARANTIR O ACCESO UNIVERSAL A UNHA ATENCIÓN 

SANITARIA UNIVERSAL E DE CALIDADE...

...a proposta de traballo para este día dende a biblio, e contribuíndo ao proxecto que estamos levando a cabo, era a de facer un dossier protesta onde se evidenciara a cantidade de vulneracións que sufre o dereito á saúde cada día e arredor de todo o mundo. 

Deixámosvos un dossier plagado de exemplos e sabias reflexións das nenas e nenos que vos convidamos a visionar con calma. 


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:


(NOTA: Se pinchades nos 3 puntos desplegarase un menú que permitirá ver a presentación en pantalla completa. Recomendado!)

sábado, 30 de xaneiro de 2021

Instalación colaborativa polo Día da Paz

Creamos con motivo do Día da Paz unha instalación colaborativa na que por grupos reflexionaron sobre porque se celebra ese día, que significa a palabra paz, e que está na nosa man para mantela na nosa contorna e de en todos os contextos posibles. Con todos eses bos desexos e algunhas palabras en algún dos casos, cada grupo decorou o seu símbolo da Paz.

A idea era poñela no exterior do centro, pero como os temporais non nos dan tregua, de momento luce na entrada do cole. 

domingo, 24 de xaneiro de 2021

COÑECEMENTOS PREVIOS

 MENS SANA IN CORPORE SANO

O primeiro paso para comezar a investigar é partir dos coñecementos previos e das inquedanzas dos investigadores e investigadoras.

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

E agora... Que sabemos? Que queremos saber?

domingo, 17 de xaneiro de 2021

Arrancamos motores co proxecto de centro!

MENS SANA IN CORPORE SANO

Para interpretar a actual situación sanitaria e poñer en marcha mecanismos de prevención para a saúde, tanto física como mental, nesta situación e para a vida en xeral.


Un proxecto conxunto con distintas liñas de investigación que se abordarán en cada unha das aulas. Coa presentación a cada grupo da liña de investigación a abordar comezamos o que será sen dúbida un percorrido moi enriquecedor e no que vos convidamos a participar. 


Para calquera suxestión podedes poñervos en contacto con nós en bibliooutes@gmail.com

Despois da súa presentación a finais de novembro, poñémonos en marcha! 


OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

martes, 22 de decembro de 2020

NADAL NO CEIP DE OUTES!

 Xa que as medidas sanitarias non nos permitiron pasearnos como quixeramos polo cole, imos a facer ese paseo de xeito virtual. 

QUE O DISFRUTEDES!


e... BO NADAL!

xoves, 17 de decembro de 2020

CALENDARIOS ANUAIS A TONO CO PDI

Pois si, este ano os nenos e nenas inspiráronse nas temáticas que están a abordar para facer os deseños dos calendarios. Quedaron ben chulos e algún leva mensaxes ben importantes!

martes, 24 de novembro de 2020

25 NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Varias foron as propostas para visibilizar un ano máis a loita contra a violencia machista e a procura da igualdade de dereitos real e efectiva. 

En primeiro lugar, e a proposta do equipo de Convivencia, centramos a mirada na análise das letras das cancións que escoitan habitualmente. 
Un exemplo desas análises foi a comparativa na canción Hawai da versión orixinal de Maluma coa versión dende outra perspectiva de Beatriz Luengo que resultou do máis interesante. 


Ademais, cada clase foi convidada a escribir distintos lemas sobre o tema, que xuntos conforman unha instalación reivindicativa na entrada do centro. 

LECTURAS
Podedes dispoñer de estas lecturas online que vos deixaremos tamén no apartado de biblioteca virtual para que poidades disfrutar delas cando vos apeteza. 
 

PARA ACCEDER PREMEDE NA IMAXE E DESPOIS NO PDF PINCHADE NAS PORTADAS

CURTAS

E tamén vos deixamos un enlace a un taboleiro en Pinterest con material audiovisual en colaboración co Equipo de Convivencia do cole. 

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER


PORQUE NO NOSO COLE NON DEIXAMOS ENTRAR O MACHISMO 
NIN NA COCIÑA!!
CEIP DE OUTES
ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa



luns, 23 de novembro de 2020

20 NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E OS NENOS

Polo 20 de Novembro, Día dos Dereitos das Nenas e dos Nenos, o equipo de Extraescolares propúxonos unha reflexión por aulas acerca de un dos dereitos, que recolleron de forma conxunta no vídeo que vos deixamos a continuación. 

Ademais, porque teñen dereito falar, ser escoitadas, comprendidas, dereito a participar e opinar sobre aquilo que lles afecta, aproveitouse esta data tamén para a celebración da 2ª reunión do Consello Escolar da Infancia, como fantástica e xenuína forma de reivindicar este importante día. 


Polo cumplimento universal 
dos Dereitos da Infancia!

luns, 16 de novembro de 2020

ESTREA D@S COLABORADORAS E COLABORADORES

 Este é un ano complexo, no que como sabedes decidimos pechar o espazo físico da biblioteca. Esta decisión tomouse por dous motivos: o primeiro garantizar a máxima seguridade sanitaria a nivel de centro, pero tamén é certo, que aproveitando a circunstancia, abordaremos a recolocación e mellora do espazo para que cando poidamos empregalo sexa un espazo o máis cómodo, acolledor e práctico posible. 

A pesar de pechar o espazo físico, a biblioteca como entidade segue cos motores en marcha, e non queriamos deixar de ofrecer a oportunidade aos nenos e nenas de sexto de colaborar na biblioteca. Unha oportunidade que empodera a este alumnado, ofrécelle coñecementos específicos e sobre todo favorece a súa inclusión na organización de tarefas varias, iniciándonos en propostas de aprendizaxe servizo que serán moi valiosas para as súas vidas. 

Polo que puxemos en marcha o programa igualmente, porque colaboración séguese e seguirase precisando. Esta semana foi a estrea dos equipos, que funcionan por grupo burbulla igual que no resto de actividades do centro. E comezaron traballando en dúas liñas fundamentalmente.

Por un lado, a colaboración na montaxe e recolocación dos mobles da biblioteca, tarefa coa que temos traballo para unha boa tempada:



E por outro a montaxe dos robots cedidos ao centro no marco do proxecto Biblioteca Creativa, no que fomos seleccionados este ano.


Demostraron estar moi a altura en ambas tarefas, polo que lle agradecemos moitísimo a súa colaboración.
GRAZAS COLABORADOR@S!!
Sodes persoal imprescindible da biblio 💥💫

OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa:

xoves, 12 de novembro de 2020

OBXECTIVOS DA AXENDA 2030 DA ONU

 


Os Obxectivos de Desarrollo Sostible, también conocidos polas súas siglas ODS, son una iniciativa impulsada por Naciones Unidas para dar continuidade á axenda de desenvolvemento, e consisten en instar a todos os países, xa sexan ricos, pobres ou de ingresos medios, a adoptar medidas para promover a prosperidad ao tempo que protexen o planeta.

Promoven os derechos da infancia e supoñen unha oportunidade para protexer a todos los nenos e nenas baixo a consigna de non deixar a ningúen atrás. 

En España, entre outras medidas, o Consello de Cooperación Bibliotecaria determinou a través de un estudo que as bibliotecas en xeral e as escolares en particular non só podemos contribuir ao seu desenvolvemento, senón que xa o facemos habitualmente a través do seu funcionamento e das propostas que dende a mesmas se lanzan á comunidade.

É por iso, que dende Bibliotecas Escolares de Galicia nos convidan a visibilizar esa contribución a través da inclusión dos iconos dos distintos obxectivos aos que contribuén as distintas propostas. Así que fixádevos ben, porque a partir de agora poderedes ver estas iconas nas entradas do blogue. 

Por suposto estaría xenial que todas as persoas pensásemos que está na nosa man para contribuir tamén a eses obxectivos. Seguro que xa estamos a contribuír con moitas accións nas nosas vida, pero seguro que podemos mellorar outras para que a nosa contribución sexa maior.


PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

luns, 9 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 ... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso

NOVEMBRO, mes da ciencia en galego nas Bibliotecas. Pois imos alá! Entramos no laboratorio e a experimentar, para divertirnos, coñecer, interpretar e divertirnos!

Dende a biblio propoñémosvos desta volta que busquedes gafas e bata para convertirvos en auténticos científicos e científicas. Premendo na imaxe que vos deixamos a continuación accederedes a unha proposta de realización de experimentos e posta en práctica do método científico.
premer na imaxe para acceder á páxina

Se vos apetece podedes enviarnos a bibliooutes@gmail.com algunha foto da experiencia e serán publicadas no blogue. ANIMÁDEVOS!

Deixámosvos tamén o enlace ao manifesto que fixo Xurxo Mariño con este motivo. 

A EXPERIMENTAR!

xoves, 5 de novembro de 2020

SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

Esta é unha semana que ven para visibilizar a importancia de aprender a tratar a información e a coñecer os medios, nunha sociedade cada vez máis dominada pola cantidade de información á que temos acceso.

A Alfabetización Informacional e Mediática contemplase como un dereito dos e das cidadáns. E nós, para cumplir con ese dereito, ademais do traballo que levamos a cabo día a día nas aulas, queremos aportar dende a biblio unha selección de recursos sobre algúns apuntes valiosos neste sentido para alumnado, familias e profesorado. 




OBXECTIVOS AXENDA 2030 da ONU
aos que contribúe esta iniciativa: